Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20610

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante concurso ordinario, do posto de encargado de mantemento (expediente 116/2023).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 65, do 20.3.2023, publicáronse integramente as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, mediante concurso ordinario de méritos, do posto de encargado de mantemento do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 21 de marzo de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense