Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20613

VI. Anuncios

b) Administración local

Entidade Local Menor de Bembrive-Vigo

ANUNCIO de convocatoria e bases reguladoras do proceso selectivo para estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía Pedanía, do 22 de decembro de 2022, e publicado anuncio no BOP de Pontevedra o 30 de decembro de 2022, ao abeiro do proceso de estabilización do emprego temporal na entidade local menor de Bembrive (disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021), aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión dunha praza de administrativo/a mediante o sistema de concurso, cuxas características, bases e anexo 1 se publican no taboleiro de anuncios desta entidade: https://bembrive.org/elm-bembrive-taboleiros e https://bembrive.sedelectronica.gal/board

Bembrive, 3 de marzo de 2023

Patricia Otero Carrera
Alcaldesa pedánea