Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Neda (expediente IN407A 2021/208-1).

Expediente-e: IN407A 2021/208-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 1 da adecuación do CT Mourela Baixa (15CT18), no lugar da Mourela.

Concello: Neda.

Feitos:

1) O día 17 de novembro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución nomeado modificado adecuación CT Mourela Baixa (15CT18), coa fin de reducir a altura do centro de transformación CT Mourela Baixa (15CT18, expediente IN407A 2016/2593-1) existente para reformar (expediente IN407A 2021/208- 1), proxéctase soterrar un treito da liña de distribución de media tensión aérea LMT CRN-707B, procedente da subestación de Cornido, que mantén o centro de tansformación CT Balbís Neda (15ADJ1) e dúas liñas en baixa tensión saíntes, posto que coa redución de altura proxectada no CT non se cumpriría coas alturas regulamentarias ao terreo.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado modificado M1-adecuación CT. Mourela Baixa (15CT18). Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista quedou acreditada mediante o certificado emitido polo COITIVigo o 28 de outubro de 2022 en que se indica que Victoriano González Lemos é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade de electricidade.

2) O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3) Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe á Deputación da Coruña e ao Concello de Neda. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4) O 1 de marzo de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que deseguido se relaciona:

1º. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2º. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3º. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4º. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5º. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6º. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– LMTS (actuación 1) a 15 kV, de 14 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio número ASNKQP2G//19 existente da LMT CRN-707B, procedente da subestación de Cornido e remate no CT que hai que reformar.

– LMTS (actuación 2) a 15 kV, de 60 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no CT que hai que reformar e remate no PA/S proxectado no apoio número ASNAAIBA//19-2 existente.

– Desmontaxe da LMTA a 15 kV, de 21 m, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no CT para reformar e remate no apoio núm. ASNAAIBA//19-2 existente.

– Reforma do CT Mourela Baixa (15CT18, expediente IN407A 2016/2593-1) de obra civil:

• Novo CT compacto de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400 V e configuración 2L+1P.

• Desmontaxe da máquina existente de 250 kVA, o cadro BT, xestor do CT, ferraxes e elementos de aparataxe ao aire: chaves, seccionadores, fusibles e variñas de cobre.

• Construción de bancada de obra civil para a acometida de cabos elaboración de foxo para o total de volume do líquido dieléctrico, con reixa, seixos apagalumes e soporte completo para o novo transformador.

• Reforma das liñas de entrada e saída do CT. Elimínase unha das acometidas en cabo de illamento seco desde o apoio contiguo.

O CT cambia a súa disposición de dar continuidade á liña de media tensión aérea LMTA CRN707B a atoparse en derivación da citada liña. Peche de pontes no apoio ASNKQP2G//19, substitúese o outro PA/S desde o dito apoio, en cabo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240). A saída do CT, tamén mediante RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240), conecta coa LMTA existente ancorada á fachada do edificio que constitúe a derivación aos CT 15ADJ1 e 15PDE9. Cómpre a instalación dun xogo de autoválvulas na fachada exterior, no punto de unión entre o cable soterrado e a saída de liña aérea.

• Saneado, enfuscado e pintado interior de paredes e teitos, así como o pintado do exterior da edificación.

• Substitución da porta por unha normalizada de persoal e maquinaria para este tipo de centros.

• Interconexión do novo cadro dBT cos cabos das saídas da baixa tensión aérea actual.

• Instalación de placa deflectora para favorecer a condución de aire para a ventilación interior do centro.

• Redución da altura do CT actual.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato Shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 6 de marzo do 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña