Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2022/385-1).

Expediente: IN407A 2022/385-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Anide.

Concello: Arteixo.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT prefabricado de formigón O Anide (expedientes 5.998 e IN407A 2016/2517-1/matrícula: 15CW22) de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, actualmente instalado nunha parcela sen acceso desde vía pública.

– Desconexión e desmontaxe da LMT aérea a 15 kV, de alimentación ao CT O Anide que se vai desmantelar, de 9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio nº 32-1 (matrícula: A7VORNMJ) de formigón tipo HV-1000/15-CR1 da LMT LAR-707 e remate no CT O Anide. Esta operación implicará a instalación de elementos de seccionamento tipo XS no apoio nº 32-3 (matrícula: A822XBUM) metálico tipo C-2000/14-D3 para manter a arquitectura da LMT LAR-707.

– En substitución do actual CT O Anide, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15005A039000970000PX sita no lugar do Anide (concello de Arteixo), con acceso desde vía pública.

– Modificación do apoio nº 32-2 (matrícula: A80CKRTN) da LMT LAR-707, de formigón tipo HV-630/15-CR1 que conta con elementos de seccionamento tipo XS, consistente na instalación dun paso aerosubterráneo (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas e dispositivo antiescalada.

– Liña eléctrica de media tensión subterranea, a 15 kV, de 151 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), con orixe no paso aerosubterraneo (PA/S) anterior e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

– Instalación de tres (3) circuítos subterraneos de baixa tensión (RBTS), de 115 metros de lonxitude total, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos tres (3) pasos subterráneo-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes nos cales se conectarán coa rede de baixa tensión aérea existente.

– Instalación de 395 metros de rede de baixa tensión aérea (RBTA) en condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 6 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Arteixo

LMT, CT e RBT O Anide.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT subterránea

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manuel Velo Gantes/descoñecido

15005A040000110000PO

Polígono 40, parcela 11

Chousa do Prado

Apoio 32-2 (PAS/S)

2

6

Rústico agrario

2

Manuela García Caamaño/José Manuel, Marta e Encarna Pérez García

15005A039000970000PX Polígono 39, parcela 97

O Anide

CT

10,87

Urbano