Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20687

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde de 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria. Deberá especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2023

Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelido 1º

Apelido 2º

Nome

II.2.1.2.1.a)

II.2.1.2.1.b)

II.2.1.2.1 Servizos prestados

II.2.1.2.2 Formación

Total

***4976**

Bacaicoa

Ripa

Silvia María

51,00

 

51,00

2,00

53,00

***4819**

García

Díaz

María

51,00

 

51,00

2,00

53,00

***7242**

Gulías

Sanmartín

Raquel

4,86

 

4,86

2,00

6,86

***4235**

Neira

Fernández

Laura

2,16

 

2,16

2,00

4,16