Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20956

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de xuño de 2016 (DOG nº 123, do 30 de xuño), publicouse o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

No seu punto I disponse que este sistema de selección será de aplicación a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 e 9.bis da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 24 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 7 de novembro) iniciouse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

A base quinta desta resolución dispón que para a primeira xeración de listas se poderán formalizar as solicitudes no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Os méritos computables serán os causados ata o día inmediatamente anterior a esta publicación, que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Finalizado o prazo indicado e de conformidade coa base sétima da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación, nos termos da base quinta da Resolución do 24 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 7 de novembro).

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos