Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20911

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade dúas encomendas de xestión á sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-EU do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, para executar durante os anos 2022 e 2023.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade do encargo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 22 de decembro de 2021, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2022 pola que se acorda encargar a Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. determinados servizos para o desenvolvemento dunha rede de acceso IOT para autoprestación de servizos da Comunidade Autónoma de Galicia, susceptible de ser financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-EU do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: execución das actuacións e investimentos necesarios para o desenvolvemento dunha rede de titularidade pública de aceso IOT no ámbito territorial da Comunidade Autónoma, así como a operación, xestión e mantemento das infraestruturas de rede resultante e a implantación de servizos sobre ela.

– Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intrasubxectiva ao ter a sociedade Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 352/2009, do 2 de xullo (DOG núm. 140, do 20 de xullo).

– Prazo de vixencia: desde o 22 de decembro de 2021 ata o 31 de decembro de 2023.

– Modalidade de financiamento: tramitación anticipada, financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.603.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e código de proxecto 2021 00014.

2. Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, modificada pola Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se encarga á Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. o desenvolvemento, xestión e mantemento de infraestruturas públicas no marco da actuación de extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, financiado ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: execución de me0didas de apoio da extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados para dotar de cobertura de telefonía móbil en zonas que carecen de cobertura, é dicir, zonas en que non se poden realizar actualmente chamadas de voz con redes de telefonía móbil con ningún operador.

– Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intrasubxectiva ao ter a sociedade Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 352/2009, do 2 de xullo (DOG núm. 140, do 20 de xullo)

– Prazo de vixencia: desde o 31 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023.

– Modalidade de financiamento: esta actuación financiarase ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.603.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e código de proxecto 2021 00014.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia