Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20939

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Mediante a Resolución do 24 de xaneiro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 8 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles ás persoas funcionarias de carreira, indicadas no anexo, o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo ao cal está adscrito cada posto convocado, sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de un (1) mes e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Apelidos e nome: Manuel Enrique Prado Cueva.

Nº de rexistro persoal: ****771424 A0510.

Corpo ou escala: inspectores de Educación.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Código: ED.401.00.004.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Jesús Manuel Rodríguez Buján.

Nº de rexistro persoal: ****794957 A0590.

Corpo ou escala: profesores de ensino secundario.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional.

Código: ED.401.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Xosé María López Carretero.

Nº de rexistro persoal: ****655324 A0590.

Corpo ou escala: profesores de ensino secundario.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.

Código: ED.401.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.