Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 21004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2022/1818-1 e seis máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, se poderá interpoñer a demanda, perante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 3 de febreiro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/1818-1

32372979L

Desestimación da reclamación

2.11.2022

2022/0836-1

32790755T

Desestimación da reclamación

20.12.2022

2022/2918-1

Leis Soneira, Lola

Desestimación da reclamación

13.12.2022

2021/5278-1

X8983610V

Desestimación da reclamación

20.12.2022

2022/0115-1

76311160N

Desestimación da reclamación

22.12.2022

2022/0570-1

32975370V

Desestimación da reclamación

28.12.2022

2022/1493-1

53308425Z

Desestimación da reclamación

7.12.2022