Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 21043

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de traballo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos reservados a funcionarios/as da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala secretaría-intervención, de municipios da provincia de Ourense.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 62, do 16 de marzo de 2023, publicáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de traballo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala Secretaría-Intervención, de municipios da provincia de Ourense.

De acordo co que establece a base 3ª, número 3, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes, o cal será de dez (10) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As sucesivas publicacións do procedemento selectivo efectuaranse na páxina web da Deputación Provincial de Ourense (http://www.depourense.es).

Ourense, 16 de marzo de 2023

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense