Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Amoeiro, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2023-002-3), o cal foi publicado no DOG do 1 de marzo de 2023 e, ao mesmo tempo, realizouse a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/002-3.

Concello: Amoeiro.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Cerval.

Predios

Propietarios

Afección apoio ao CTC

Servidume de voo

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Superficie

ocupada (m2)

Lonx. m

Sup.

afectada m2

4

Fonte

Labradío

Herdeiros de Eladio González Novoa

19

255

5

Fonte

Labradío

Herdeiros de Manuel González Novoa

20

255

9

Pozo

Labradío

José Araujo Leal

27

437

10

Pozo

Labradío

Descoñecido

10

114

19

Tarruxeiras

Labradío

Herdeiros de Manuel González Novoa

12

199

23

Cos da Vila

Labradío

Herdeiros de Eladio González Novoa

2

1

36

539

26

Cruz da Vila

Labradío

Herdeiros de Eladio González Novoa

5

105

27

Lameiro

Labradío

María Castro Conde

30

521

28

Lameiro

Labradío

Herdeiros de Auria González Fernández

43

523

30

Lameiro

Prado

María Belén Dopazo Rodríguez

18

210