Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21438

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se resolve o proceso de selección do posto de dirección técnica.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

O 21 de marzo de 2023, o tribunal de selección nomeado para a cobertura do posto de dirección técnica da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. propuxo como candidato seleccionado a Joaquín Sánchez Rodríguez.

O 21 de marzo de 2023, o Consello de Administración, con base no disposto no punto nove das bases reguladoras da convocatoria de selección, acordou nomear como director técnico de Retegal a Joaquín Sánchez Rodríguez.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración
de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.