Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de 2023.

Expediente: 2023/E003/000001.

Mediante a Resolución núm. 231/2023, do 28 de febreiro, da Alcaldía Presidencia, adoptouse o acordo que a seguir se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro. Aprobar a oferta ordinaria de emprego público de persoal do Concello de Bergondo para o ano 2023, por acceso libre, agás a praza co código 05.00.00.04 que será por concurso por mobilidade, co seguinte contido:

Persoal funcionario:

Código da relación de postos de traballo

Denominación

Escala

Grupo

01.01.00.03

Oficial administrativo

Administración xeral

C2

02.02.00.02

Oficial administrativo

Administración xeral

C1

05.00.00.04

Policía local

Administración especial

C1

05.00.00.05

Policía local

Administración especial

C1

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia».

Bergondo, 28 de febreiro de 2023

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa