Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra de Liñares, sito nos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo) e promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U. (expediente LU-11/146-EOL).

Unha vez examinado o expediente iniciado por solicitude de AV Serra de Liñares, S.L.U. en relación coa autorización administrativa previa e coa autorización administrativa de construción do parque eólico Serra de Liñares, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, admitiuse a trámite o parque eólico Serra de Liñares (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 48 MW.

Segundo. O 27.6.2011, AV Serra de Liñares, S.L.U. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Serra de Liñares.

Terceiro. Pola Resolución do 5 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aceptáronse as modificacións do proxecto do parque eólico Serra de Liñares, promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U., consistente de forma xeral nun desprazamento de seis dos dezaseis aeroxeradores do parque eólico.

Cuarto. O 27.4.2012, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria emitiu o informe técnico sobre o proxecto de execución do parque eólico Serra de Liñares.

Quinto. Pola Resolución do 26 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, sometéronse á información pública para a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo do impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Serra de Liñares.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.8.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 23.7.2012 e no xornal El Progreso o 22.8.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria e da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de exposición pública presentáronse as seguintes alegacións:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– A canteira Monte de Picois vese afectada pola implantación do parque eólico e, así mesmo, a utilización de explosivos nela quedaría condicionada pola existencia dos aeroxeradores SL-01 e SL-02.

– Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) alegou que o proxecto carece da correspondente separata en que se detallen as afeccións e cruzamentos do trazado proposto no proxecto respecto ás instalacións da súa rede, e que non existe planificación para a instalación de novas transformacións de 132 kV na zona de influencia.

– E.ON Distribución, S.L. presentou alegacións en relación coa ausencia do permiso de acceso á rede de distribución de E.ON Distribución, S.L., que o punto de conexión é provisionalmente ao SET Sanzo 132 kV e non ao SET Fonsagrada de 132 kV como parece deducirse do expediente, e que o espazo reservado para a instalación dunha nova posición de transformación que indica a empresa é innecesario.

– Que non se autorice a afección de aeroxeradores e vieiros sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, sobre especies incluídas no anexo II da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, e sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000, por non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade.

– Adopción de medidas para evitar afeccións sobre especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas.

– Que se inclúan no proxecto medidas recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas da Xunta de Galicia.

– Que se adopten medidas para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos vieiros de acceso, e de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores, así como perturbacións dos hábitats na contorna do parque eólico.

– A Deputación Provincial de Lugo presentou alegacións en referencia:

• A que o predio non pode ser obxecto de imposición da afección pretendida por expropiación en virtude de disposto pola Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas.

• De acordo coa Lei 4/1994, de estradas de Galicia, a promotora das obras e instalacións previstas na área de influencia da estrada debe solicitar da Deputación Provincial, como titular dela, a autorización en que se lle fixarán as condicións nas que poida realizar as ditas obras.

• Á contradición na tramitación dunhas condicións técnicas cunha simultánea imposición á Deputación dunha servidume de paso mediante expropiación.

• Á solicitude de non afección dos bens da zona de dominio público das estradas provinciais, as canalizacións subterráneas paralelas a ditas estradas deben discorrer a unha distancia superior a oito metros do eixe delas.

Sexto. Con data do 1 de xullo de 2019, a empresa promotora AV Serra de Liñares, S.L.U. solicitou ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, na recolocación e no desprazamento de aeroxeradores do parque eólico en cumprimento do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Sétimo. Mediante a Resolución do 7 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, aceptáronse os cambios no proxecto do parque eólico de Serra de Liñares, promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U.

Oitavo. O 24.9.2020, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu as correspondentes condicións.

Noveno. Con data do 3.12.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do parque eólico Serra de Liñares, nos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo), promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U., feita pública mediante a Resolución do 15 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DOG núm. 2, do 4 de xaneiro de 2022).

Durante o trámite de avaliación do impacto ambiental a que o proxecto foi sometido recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, de Conservación da Natureza, e de Innovación e Xestión da Saúde Pública; do Instituto de Estudos do Territorio (antiga Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe), da Secretaría Xeral para o Turismo, da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, do Concello da Fonsagrada e da Consellería de Fomento, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente do Goberno do Principado de Asturias.

Décimo. Polo Acordo do 17 de xuño de 2021, do Consello da Xunta de Galicia, declarouse como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico Serra de Liñares, promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U.

Décimo primeiro. O 18.2.2022, o Instituto de Estudos do Territorio emitiu informe sobre que, de acordo co establecido na disposición transitoria única do Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, o proxecto non terá que incorporar as determinacións das directrices de paisaxe.

Décimo segundo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Xefatura Territorial remitiulles, para a emisión das correspondentes condicións técnicas, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: á Axencia Galega de Infraestruturas; Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa); Retegal, S.A.; Retevisión I, S.A.U.; ao Concello da Fonsagrada, ao Concello de Negueira de Muñiz, á Deputación Provincial de Lugo e á Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

A seguir se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, as correspondentes condicións técnicas: Axencia Galega de Infraestruturas, o 12.4.2022; Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), o 17.2.2022; Retegal, S.A., o 28.2.2022; Retevisión I, S.A.U., o 21.2.2022; Concello da Fonsagrada, o 3.3.2022; Concello de Negueira de Muñiz, o 3.3.2022; Deputación Provincial de Lugo, o 25.2.2022, e Confederación Hidrográfica do Cantábrico, o 30.5.2022.

No informe do Concello da Fonsagrada indícase que no proxecto citado non consta o anexo correspondente á análise da relación do contido do proxecto de interese autonómico co planeamento urbanístico vixente segundo indica o artigo 45, punto 1.b), punto 6º da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, nin tampouco anexo de cumprimento de normativa urbanística en relación coa tramitación do procedemento.

O informe do Concello de Negueira de Muñiz, entre outras consideracións, menciona a necesidade de solucionar a omisión en que se incorreu sobre a denominada mámoa Coto da Lagoa, en cuxa área de protección afecta as vías proxectadas e sobre a que non existe pronunciamento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta á totalidade das condicións emitidas.

En particular, respecto ao informe do Concello da Fonsagrada, a promotora fixo indicación de que o documento remitido ao concello corresponde coa separata do proxecto de execución modificado do parque eólico Serra de Liñares, para os efectos de emisión das condicións técnicas correspondentes, e que o citado proxecto de interese autonómico, co contido definido pola normativa e, de ser o caso, coas modificacións e correccións derivadas da tramitación, será remitido máis adiante para a súa tramitación por parte da Administración.

Respecto da consideración mencionada do Concello de Negueira de Muñiz, a promotora respondeu que o parque eólico de Serra de Liñares conta con declaración de impacto ambiental (DIA) favorable e así mesmo con estudo de impacto ambiental do parque analiza, entre outros aspectos, os elementos afectados polo parque eólico, entre os que se atopa a mámoa Coto da Lagoa.

En resposta ao informe da Confederación Hidrográfica del Cantábrico, o 15.7.2022, a promotora achegou documentación complementaria, a cal foi remitida o 30.8.2022 ao dito organismo para a emisión das condicións técnicas.

Para os organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión das condicións técnicas do proxecto de execución será dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibirse estas condicións no prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo terceiro. O 2.3.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe, que indicaba que as posicións dos aeroxeradores do parque eólico cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación, regulada no punto III.3.1 do Plan sectorial eólico de Galicia respecto das delimitacións de solo de núcleo rural, solo urbano e urbanizable.

Décimo cuarto. O 29.7.2022, a Xefatura Territorial emitiu informe favorable sobre o proxecto refundido de execución, e sobre o cumprimento da normativa analizada co alcance establecido para obter as autorizacións administrativas previa e de construción.

Décimo quinto. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para a potencia de 48 MW, segundo o informe do xestor da rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución e resumidas no antecedente de feito quinto, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e coas características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e dos documentos presentados polas persoas interesadas, e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (emprazamento, extensión, tipo de aproveitamento,...).

2. No que atinxe ás alegacións sobre concorrencia de utilidades públicas e a súa compatibilidade ou prevalencia, cabe responder que esta cuestión será abordada na fase do expediente correspondente á declaración de utilidade pública do parque eólico.

3. Respecto da falta dunha separata do proxecto de execución para as afeccións ás instalacións da rede de Begasa, cómpre indicar que esta foi remitida á empresa durante a tramitación do procedemento, a cal emitiu as correspondentes condicións técnicas, tal e como recolle o antecedente de feito décimo segundo.

4. En relación co punto de conexión á rede eléctrica do proxecto, segundo recolle o antecedente de feito décimo quinto, de acordo co informe do xestor da dita rede, o parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para a potencia obxecto desta autorización.

5. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, hai que indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 3.12.2021, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

6. Durante a tramitación do procedemento tramitouse a emisión das correspondentes condicións técnicas da Deputación Provincial de Lugo, no cal se detallan as condicións para cumprir durante as actuacións que se levarán a cabo sobre as vías provinciais, e sen prexuízo da necesidade de que o interesado formule e obteña desta deputación, previamente á execución das obras e instalacións, a correspondente solicitude e concreta autorización, así como da obtención da licenza municipal, e autorizacións que resulten precisas. A promotora manifestou a súa conformidade coas condicións indicadas.

A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque Serra de Liñares, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 3.12.2021 e recollida no antecedente de feito noveno desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta de resolución, que di literalmente: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Serra de Liñares.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Serra de Liñares, sito nos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo) e promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U., cunha potencia de 48 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Serra de Liñares, composto polo documento: Refundido del proyecto de ejecución modificado del parque eólico Serra de Liñares. A Fonsagrada y Negueira de Muñiz (Lugo). Abril 2022, asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Roberto Pérez Lodos e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 20.5.2022 co núm. 2022/00281/04.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: AV Serra de Liñares, S.L.U.

Enderezo social: Vía de Faraday, 1-2º dereita, Santiago de Compostela, 15890 A Coruña.

Denominación: parque eólico Serra de Liñares.

Potencia instalada: 48 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 48 MW.

Produción neta estimada: 152.093 MWh/ano.

Concellos afectados: A Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo).

Orzamento de execución material (sen IVE): 35.535.135 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

659.875,99

4.780.786,40

B

664.539,99

4.779.937,40

C

666.050,99

4.777.919,40

D

666.985,99

4.777.345,40

E

667.875,99

4.773.786,40

F

664.875,99

4.770.786,40

G

661.875,99

4.774.786,40

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

SL-1

662.968,98

4.776.735,35

SL-2

663.115,99

4.776.442,34

SL-3

663.097,01

4.776.056,86

SL-4

663.236,00

4.774.581,30

SL-5

663.421,00

4.774.275,30

SL-6

663.591,00

4.773.960,29

SL-7

663.786,01

4.773.655,28

SL-8

663.965,01

4.773.350,28

SL-9

666.209,03

4.777.579,36

SL-10

666.283,04

4.777.214,23

SL-11

666.369,00

4.776.849,12

SL-12

666.367,58

4.776.484,30

SL-13

666.462,18

4.776.132,72

SL-14

666.686,04

4.775.861,32

SL-15

666.810,52

4.775.540,86

SL-16

666.782,04

4.775.180,31

Coordenadas da subestación:

Vértice

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

662.781,54

4.776.877,53

B

662.826,69

4.776.874,52

C

662.822,45

4.776.810,81

D

662.777,3

4.776.813,82

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

Torre 1

662.798,35

4.776.893,21

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 16 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, altura de buxa de 94 metros e diámetro de rotor de 112 metros.

– 16 centros de transformación de 3.350 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipos de mando, medida, protección e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de 30 kV de tensión, con condutor tipo HEPRZ1 18/30 kV Al + H16/25, para a evacuación da enerxía xerada entre os centros de transformación dos aeroxeradores, e entre estes e a subestación do parque eólico.

– Subestación transformadora 30/132 kV, con edificio de control, para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal 30/132 kV de 50/55 MVA ONAN/ONAF e un transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Unha torre meteorolóxica de 100 m de altura.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, subestación, edificio de control, cimentacións, plataformas de aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, AV Serra de Liñares, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 377.310 euros.

A devandita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

5. Con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá obter, para a configuración definitiva do proxecto autorizada neste acordo, as condicións dos organismos e/ou empresas de servizo público que procedan, e en particular o de a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

6. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións,a promotora deberá presentar ante a Xefatura Territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, no que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, AV Serra de Liñares, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

10. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

11. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Alegacións presentadas durante a tramitación do expediente

Óscar López Gómez o 31.8.2012, Ana Monteserini Fulgueiras o 10.8.2012, Waldina Cancio Cancio o 5.9.2012, Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) o 28.9.2012, E.ON Distribución, S.L. o 28.9.2012, Sociedade Galega de Historia Natural o 13.8.2012, Deputación Provincial de Lugo o 14.8.2012 e o 7.12.2012.