Está en trámite unha modificación substancial, por ampliación do prazo inicial por execución de investimentos relevantes (Invest), código-MS1:I1, para ampliación do prazo extraordinario da concesión administrativa de construción dunha nave para envase, almacenamento de pertreitos, tratamento de peixe e depósito de caixas, solicitada polo concesionario, con base no proxecto de mellora de eficiencia enerxética e calidade ambiental mediante a substitución de luminarias e a reparación de acabados nunha nave para envase, almacenamento de pertreitos, tratamento de peixe e nave para depósito de caixas, asinado en xaneiro de 2023 polo enxeñeiro industrial José Ramón Álvarez Arnau, colexiado nº 199, e o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 3 de marzo de 2023
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia