Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21493

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR852A).

A liberdade de expresión e de difusión constitúe un dereito fundamental e unha das bases esenciais de convivencia democrática, valores que os poderes públicos deben garantir, non só removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude, senón promovendo a participación de toda a cidadanía na vida política, económica e social.

Tales obxectivos son evidentemente inalcanzables sen uns medios de comunicación plurais e independentes que cheguen, na súa virtualidade de información e incidencia na conformación da opinión e posturas, a todos os galegos e galegas.

Actualmente os medios de comunicación dispoñen de múltiples canles para informar a cidadanía, non só a través dos xornais en formato papel, senón tamén a través dos servizos de comunicación audiovisual radiofónica, aos cales hai que engadir a difusión da información a través da internet.

Faise necesario que o Goberno galego poña os axeitados instrumentos de financiamento ao servizo da potenciación e difusión dos medios de comunicación que, ademais de responder ás ditas premisas, e de acordo cos artigos 1, 5, 27, parágrafos 19 e 20, e demais concordantes do Estatuto de autonomía, defendan a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida como vínculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (código de procedemento PR852A), establecidas no anexo I, e efectuar a convocatoria para o ano 2023.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2. Financiamento

A concesión das axudas reguladas nesta resolución financiarase con cargo ás aplicacións 04.20.151A.470.1, por importe de 790.000,00 euros, e 04.20.461A.470.1, por importe de 1.186.777,00 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria nos termos do artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A distribución dos créditos será a seguinte:

– Axudas a xornais impresos en formato papel: 1.255.000,00 euros.

– Axudas a empresas radiofónicas privadas: 266.400,00 euros.

– Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet: 455.377,00 euros.

Artigo 3. Réxime de recursos

Contra esta resolución poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

Silvia Valdés Díaz de Freijo
Secretaria xeral de Medios

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime
de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas
e de radiodifusión

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2. Tipos de axuda, actuacións e gastos subvencionables

1. As axudas destinadas a empresas xornalísticas desagréganse en tres tipos de axudas:

a) Axudas a empresas xornalísticas que publican xornais impresos en formato papel.

Poderanse conceder estas axudas ás empresas xornalísticas que, no ano anterior á convocatoria, editen, publiquen e distribúan xornais impresos en formato papel co mesmo título e numeración sucesiva.

Ademais de cumprir co resto dos requisitos establecidos nesta resolución, deberán estar incluídas no informe do Estudo Xeral de Medios elaborado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ou no informe da Oficina da Xustificación da Difusión (OXD), sempre referido ao ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.

Poderanse conceder estas axudas ás empresas radiofónicas privadas que, no ano anterior á convocatoria e cumprindo co resto de requisitos establecidos nesta resolución, estean incluídas no informe do Estudo Xeral de Medios elaborado pola Asociación da Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), sempre referido ao ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.

Poderanse conceder estas axudas ás empresas xornalísticas que, no ano anterior ao da correspondente convocatoria, transmitan e difundan información diaria a través da internet.

2. Non serán actuacións subvencionables as seguintes:

a) Os boletíns interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.

b) As publicacións que, ao longo do ano anterior ao da convocatoria, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.

c) As emisoras radiofónicas cun modelo de programación secuencial e repetitivo, en que as súas emisións se baseen en contidos musicais.

d) As publicacións en formato papel de distribución gratuíta.

3. Consideracións xerais sobre os gastos subvencionables.

A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Considéranse gastos subvencionables os gastos de produción e/ou distribución dos xornais e radios que reúnan as condicións establecidas no punto 1, correspondentes ao ano natural anterior ao desta convocatoria, e que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada.

Non teñen a consideración de gasto subvencionable os gastos de amortización de bens inventariables ou os gastos de auditoría.

Os custos indirectos que sexan gasto subvencionable formarán parte da xustificación da subvención e deberán ser imputados pola persoa beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas xerais de contabilidade e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

Estes gastos deberán estar pagados antes do 31 de maio do ano da convocatoria.

Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa –persoa física ou xurídica que actúe no exercicio de súa actividade independente económica ou profesional–, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido pagados nos prazos previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os gastos que non cumpran co establecido neste parágrafo non terán a consideración de gastos subvencionables.

4. En ningún caso o importe da subvención concedida poderá superar, individualmente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, o custo da actividade subvencionada.

Artigo 3. Definicións

1. Para os efectos destas axudas, enténdese por empresa xornalística a persoa xurídica que:

a) Edite e distribúa xornais diarios impresos en formato papel na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sexa unha empresa radiofónica privada que preste servizos de comunicación audiovisual radiofónica para a audición simultánea de programas e contidos sobre a base dun horario de programación, a través da correspondente frecuencia no territorio da Comunidade Autónoma.

c) Difunda a súa actividade informativa diaria mediante xornais dixitais a través da internet na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Son empresas radiofónicas privadas as que sexan titulares ou arrendatarias dunha licenza para prestar servizos de comunicación audiovisual radiofónica mediante ondas hertzianas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto na Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.

Non se consideran empresas de radiodifusión privadas as que emitan exclusivamente a través da internet.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.

2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da Comunidade Autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.

3. As entidades beneficiarias deberan cumprir co establecido no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo ao cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

4. Quedan excluídas da concesión de axudas:

a) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.

b) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.

Artigo 5. Uso da lingua galega

1. As empresas das epígrafes a) e c) do artigo 3.1 deben empregar a lingua galega, como mínimo, nun 10 % do total da súa información.

2. As empresas da epígrafe b) do artigo 3.1 deben cumprir co disposto no artigo 10.j) do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia «Empregar a lingua galega nas súas emisións de forma que o 50 %, como mínimo, do tempo de programación sexa en lingua galega. O uso do galego débese distribuír equitativamente en todas as franxas horarias. Non obstante, para as emisoras que actualmente formen parte das cadeas de ámbito estatal, aplicarase a porcentaxe arriba sinalada nas desconexións que se realicen dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega».

3. As empresas comprométense a manter ou incrementar progresivamente o uso da lingua galega nas emisións ata o 31 de decembro do ano natural da correspondente convocatoria.

4. As empresas deben cumprir co establecido no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, de normativización da lingua galega, e na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, así como coas normas aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003.

5. Nas informacións redactadas en castelán respectarase a lingua das declaracións da fonte ou da persoa entrevistada, sempre que as citas sexan transcritas en estilo directo.

Introdúcese a oferta positiva establecida no Plan xeral de normalización da lingua galega, cando menos na relación xornalística cos representantes dos cidadáns e cargos de responsabilidade pública. Para estes efectos, a oferta positiva consiste na adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a empresa e a persoa entrevistada.

Artigo 6. Competencia

A competencia para resolver o procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á persoa titular da Secretaría Xeral de Medios, de acordo co establecido na disposición adicional primeira, 1.c), do Decreto 108/2022, do 16 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos recollidos nela e a responsabilidade sobre a inclusión dos ditos datos, mesmo a responsabilidade que se asume por posibles erros producidos a título de simple neglixencia.

4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude presentada non reúne algún dos requisitos contidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

5. A solicitude de axuda (anexo II) inclúe para cada publicación ou radio unha declaración responsable da porcentaxe de emprego da lingua galega e da porcentaxe dedicada á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

Artigo 8. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1. Documentación común.

a) Documentación fidedigna acreditativa da representación.

b) Certificación actualizada ao ano da convocatoria da inscrición no Rexistro Mercantil, en que conste o obxecto social da persoa solicitante.

c) Informe da Tesouraría Xeral da Seguridade Social do cadro medio de traballadores en situación de alta durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2. Documentación específica para cada tipo de axuda.

a) Axudas a xornais impresos en formato papel.

1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se fagan constar os números publicados, o número de exemplares difundidos da publicación de que se trate e o número de traballos ou artigos escritos en lingua galega (anexo III).

Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.

2º. Certificación expedida pola Oficina da Xustificación da Difusión (OXD), para os efectos de xustificar a difusión declarada no punto anterior. Na súa falta, calquera outra documentación que o acredite.

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.

1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se faga constar a programación, especificando que parte se realiza en lingua galega, e unha relación das emisoras, coas súas frecuencias, para as cales se solicita a subvención (anexo III).

Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.

2º. Informe do Estudo Xeral de Medios, para acreditar a audiencia acumulada de cada emisora relacionada no punto anterior, no ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.

1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se fagan constar os números publicados, o número de visitas efectuadas e o número de traballos ou artigos escritos en lingua galega (anexo III).

Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.

2º. Certificacións expedidas por unha entidade de control da difusión, para os efectos de xustificar o número de visitas efectuadas, declarada no punto anterior. Na súa falta, calquera outra documentación que o acredite.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.

f) Certificado acreditativo de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas (IAE).

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. A unidade administrativa competente para a instrución deste procedemento de concesión das subvencións é a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios, polo que lle corresponde o exercicio das facultades previstas no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O órgano instrutor realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderase requirir do solicitante calquera dato, documento complementario e aclaración que poida resultar necesario para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Para as subvencións de importe superior a 30.000 euros, o órgano instrutor verificará o cumprimento do requisito establecido no punto 3 do artigo 4 destas bases sobre os prazos de pagamento.

Esta verificación realizarase mediante a preavaliación das solicitudes, de acordo cos criterios establecidos no artigo 14 destas bases. De ser o caso, o órgano instrutor requirirá a seguinte documentación:

a) No caso de sociedades que poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada: declaración responsable, segundo o modelo establecido no anexo IV.

b) Para as sociedades que non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada: certificación emitida por auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, na cal conste que o período medio de pagamento a provedores reflectido no último informe de xestión, de acordo co previsto no artigo 262 da Lei de sociedades de capital (Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo) cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. No caso de que o último informe de xestión non reflicta o período medio de pagamento a provedores, a empresa solicitante poderá presentar a declaración responsable da alínea anterior.

4. Unha vez verificadas e revisadas as solicitudes e emendados os erros, se for o caso, os expedientes administrativos que reúnan as condicións exixidas e que conten coa documentación necesaria serán remitidos á Comisión de Valoración regulada no artigo seguinte.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración é o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte. Para tal fin, elaborará un informe en que se especificarán as solicitudes admitidas, a avaliación que lles corresponde, así como o importe da axuda para cada un dos solicitantes.

2. A Comisión de Valoración terá a seguinte composición:

a) Presidente: unha persoa cun rango mínimo de director/a xeral ou equivalente do órgano competente en materia de medios de comunicación.

b) Vogais:

– Unha persoa cun rango mínimo de director/a xeral ou equivalente do órgano competente en materia de política lingüística.

– Unha persoa funcionaria do órgano competente en materia de medios de comunicación que ocupe unha praza de categoría non inferior a xefatura de servizo.

– Unha persoa funcionaria proposta polo órgano competente en materia de política lingüística que ocupe unha praza de categoría non inferior a xefatura de servizo.

c) Secretario/a: unha persoa funcionaria do órgano competente en materia de medios de comunicación.

Artigo 14. Criterios de cuantificación das axudas

1. A valoración das solicitudes presentadas, tendo en conta o período para subvencionar de cada beneficiario e medio de comunicación, realizarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Axudas a xornais impresos en formato papel.

1º. Criterio referido á difusión de exemplares.

A distribución do crédito farase en proporción directa aos exemplares difundidos da publicación obxecto da avaliación. Para o cálculo individualizado do importe de cada axuda teranse en conta os exemplares difundidos por cada xornal das empresas beneficiarias, en relación co número total difundido por todos eles ao longo do ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2º. Criterio referido ao uso da lingua galega.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II), restando o mínimo establecido como requisito no artigo 5. Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de exemplares difundidos por cada xornal das empresas beneficiarias.

3º. Criterio referido á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II). Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de exemplares difundidos por cada xornal das empresas beneficiarias.

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.

O importe máximo de axuda por solicitude será de 90.000,00 euros. Anularase o remanente de crédito que se poida crear como consecuencia deste importe máximo.

1º. Criterio referido ao número de oíntes.

A distribución do crédito farase en proporción directa ao número de oíntes do medio obxecto de avaliación. Para o cálculo individualizado do importe de cada axuda terase en conta o número de oíntes de cada un dos medios das empresas beneficiarias en relación co número total de oíntes de todos eles ao longo do ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2º. Criterio referido ao uso da lingua galega.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II), restando o mínimo establecido como requisito no artigo 5. Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de oíntes de cada un dos medios das empresas beneficiarias.

3º. Criterio referido á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II). Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de oíntes de cada un dos medios das empresas beneficiarias.

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.

1º. Criterio referido ao número de visitas.

A distribución do crédito farase en proporción directa ao número de visitas que reciba o medio obxecto de avaliación. Para o cálculo individualizado do importe de cada axuda terase en conta o número de visitas que reciba cada un dos medios das empresas beneficiarias en relación co número total de visitas que reciben todos eles ao longo do ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2º. Criterio referido ao uso da lingua galega.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II), restando o mínimo establecido como requisito no artigo 5. Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de visitas que reciba cada un dos medios das empresas beneficiarias.

3º. Criterio referido á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

Para o cálculo individualizado do importe utilizarase a porcentaxe declarada na solicitude (anexo II). Esta porcentaxe aplicarase tendo en conta o número de visitas que reciba cada un dos medios das empresas beneficiarias.

2. O crédito asignado para cada tipo de axuda distribuirase entre os criterios de valoración das solicitudes de acordo coa seguinte táboa:

% de repartición do crédito segundo os criterios
de valoración

Tipo de axuda

Difusión exemplares/Núm. oíntes/Núm. visitas

Uso da lingua galega

Normalización da lingua

Axudas a xornais impresos en formato papel

74 %

24 %

2 %

Axudas a empresas radiofónicas privadas

74 %

24 %

2 %

Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet

74 %

24 %

2 %

Artigo 15. Resolución

1. O órgano instrutor remitirá o informe da Comisión de Valoración, xunto coa proposta de resolución, ao titular do órgano competente en materia de medios, o cal ditará a correspondente resolución.

A resolución motivarase de conformidade co establecido nestas bases reguladoras, concedendo ou denegando a axuda, e expresará, polo menos, a súa contía e, de ser o caso, a causa da denegación.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre este prazo sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas polo titular do órgano competente en materia de medios poñerán fin á vía administrativa, polo que contra elas poderán interpoñer os interesados os seguintes recursos, sen prexuízo da interposición de calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución obxecto de impugnación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o recurso poderase interpoñer en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir daquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Xustificación e pagamento

1. A conta xustificativa acreditarase de acordo co disposto nos artigos 48, 50 e 51 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O pagamento das axudas quedará condicionado á presentación da seguinte documentación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución da concesión. Este prazo de xustificación non poderá, en ningún caso, exceder o 30 de novembro do ano da convocatoria.

a) Documentación xeral.

1º. Declaración responsable para o pagamento (anexo VI), que comprende:

– Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas das distintas administracións públicas para esta mesma finalidade.

– Declaración responsable, debidamente actualizada, de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria das axudas recollidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Escrito de aceptación expresa da axuda. Se non se produce manifestación expresa no prazo establecido na resolución de concesión, entenderase tacitamente aceptada.

– Declaración responsable de que continuou co emprego da lingua galega nas publicacións, informacións ou emisións ata a data de concesión da axuda.

2º. Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento á Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que o solicitante se opuxese á consulta ou denegase expresamente a autorización para solicitar as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

3º. Se for o caso, a carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como os xuros derivados destes.

b) Documentación específica para cada tipo de axuda.

1º. Axudas a xornais impresos en formato papel.

– Dúas páxinas da publicación en formato pdf de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditado o uso da lingua galega.

– Dúas páxinas da publicación en formato pdf de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditada a actividade informativa orientada á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

2º. Axudas a empresas radiofónicas privadas.

– Un programa de radio en formato dixital de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditado o uso da lingua galega, xunto cun resumo indicando as datas de emisión.

– Un programa de radio en formato dixital de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditada a actividade informativa orientada á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura, xunto cun resumo indicando as datas de emisión.

3º. Axudas ás empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.

– Dúas capturas de pantalla da publicación en formato pdf de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditado o uso da lingua galega.

– Dúas capturas de pantalla da publicación en formato pdf de cada un dos meses do ano anterior ao da convocatoria, en que quede acreditada a actividade informativa orientada á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.

c) Documentación para a conta xustificativa.

1º. Para as empresas beneficiarias dunha axuda igual ou superior a 30.000,00 euros.

– Unha memoria económica xustificativa dos custos directos ou indirectos das actividades realizadas obxecto da subvención, que conterá unha relación dos gastos da actividade.

Se é o caso, deberanse indicar os criterios de repartición dos custos indirectos incorporados, así como a súa xustificación.

No caso de empresas con varias actividades, deberán indicar os criterios de repartición dos custos incorridos, baseados nos gastos soportados de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas.

– Informe dun auditor de contas que revise a conta xustificativa, designado pola persoa beneficiaria e que poderá ser distinto ao auditor das súas contas anuais. En todo caso, no informe debe quedar acreditado que o importe da axuda concedida é inferior aos custos xerados pola difusión das informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións encamiñadas a defender a identidade de Galicia e os seus intereses, a promoción dos seus valores, a normalización da súa lingua e a afondar e difundir a súa cultura no exercicio anterior ao da correspondente convocatoria.

Así mesmo, deberá acreditar que cumpre co disposto no artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2º. Para as empresas beneficiarias dunha axuda inferior a 30.000,00 euros.

– Unha memoria económica xustificativa dos custos directos ou indirectos das actividades realizadas obxecto da subvención, cunha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento (anexo V).

Se é o caso, deberanse indicar os criterios de repartición dos custos indirectos incorporados, así como a súa xustificación.

No caso de empresas con varias actividades, deberán indicar os criterios de repartición dos custos incorridos, baseados nos gastos soportados, de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas.

– As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior, e acreditación do pagamento mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, en orixinal, formato electrónico admisible legalmente ou copia compulsada.

Artigo 18. Obrigas das entidades beneficiarias

As empresas beneficiarias das axudas quedan obrigadas:

a) Ao reintegro, total ou parcial, da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) A someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano competente en materia de medios, así como calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, para o cal presentarán canta información lles sexa requirida.

c) A dar unha adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que poidan derivar da execución no ano da convocatoria das actividades subvencionadas.

d) Se é o caso, a acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes da correspondente proposta de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. En caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dean como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, o solicitante ou beneficiario será requirido para que regularice a situación e presente o correspondente certificado.

e) A non estar incursas en ningunha das circunstancias ou causas de prohibición para a obtención de axudas, previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) A comunicarlle ao órgano competente en materia de medios no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos subvencionados, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as publicacións subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da axuda.

g) A cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.

h) A xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

i) A dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o idóneo exercicio das facultades de comprobación e control.

j) A conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Artigo 19. Compatibilidade

As axudas previstas nestas bases serán compatibles con outras axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sempre que a acumulación de axudas non supere o custo total da actividade subvencionada e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas na normativa nacional e comunitaria aplicable.

Artigo 20. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta bancaria de titularidade de Xunta de Galicia que corresponda, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

Artigo 21. Modificación da resolución e reintegro das subvencións

1. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas, para a mesma finalidade, por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora producidos desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde o reintegro nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ao abeiro do disposto no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se vai minorar serán os seguintes:

a) O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda concedida.

Terá a consideración de incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda a non xustificación dos compromisos recollidos no artigo 17.2.b).

b) Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a axuda e dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento ou, se é o caso, na porcentaxe correspondente ao gasto non efectuado ou non xustificado.

4. A tramitación do expediente de reintegro realizarase de acordo co procedemento establecido no capítulo II do título II da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Infraccións e sancións

As empresas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e, xunto cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non regulado nestas bases observarase o previsto nas seguintes disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Preceptos con carácter básico da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

d) Decreto 71/1999, do 18 de marzo, polo que se regulan as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

e) Resto de normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file