De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación de empresas para os agricultores mozos.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.
De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Procedemento: expediente número 15/50139/16 de axuda para a creación de empresas para os agricultores mozos.
DNI da persoa interesada: 53162412M.
Acto de notificación: acordo de inicio de perda do dereito ao cobramento da axuda.