Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21670

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso-oposición, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12125, no último parágrafo, onde di: «...mediante o sistema de concurso...», debe dicir: «...mediante o sistema de concurso-oposición...».

Na páxina 12127, queda sen efecto o número 5.2, de forma que no anexo III, Titulacións, na escala técnica de condución o carné de conducir exixido é tipo C + tipo E.