Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022.
Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que a resolución ditada neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pódese interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer o recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)
Núm. de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto administrativo e data |
BS403B-2022-00002084 |
Y4411554F |
Resolución do 28.11.2022 |
BS403B-2022-00002617 |
J391247 |
Resolución do 28.11.2022 |
BS403B-2022-00004127 |
120581493 |
Resolución do 13.10.2022 |
BS403B-2022-00005797 |
76905537T |
Resolución do 7.11.2022 |
BS403B-2022-00011516 |
78809375J |
Resolución do 28.11.2022 |
BS403B-2022-00012046 |
39514660Q |
Resolución do 12.12.2022 |
BS403B-2022-00012590 |
58038574Y |
Resolución do 18.1.2023 |