De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázanse as persoas interesadas e que se indican no anexo, para notificarlles os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído consonte o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figuran no dito anexo.
O expediente está á disposición das ditas persoas interesadas ou da persoa que as represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que o acto de resolución poderá ser recorrido ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación dos actos de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terán dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que consideren procedente.
Lugo, 6 de marzo de 2023
Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2021/155/27.
Persoas interesadas: Y4586112H e X8608674G.
Actos administrativos que se notifican:
– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 23 de xaneiro de 2023.
– Oficios de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 24 de xaneiro de 2023.