Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21677

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de condutor/a, grupo III, polas quendas de promoción interna e acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 4 de novembro de 2022 (DOG do 18 de novembro), convócanse probas selectivas para cubrir dúas (2) prazas da categoría profesional de condutor/a, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas. De conformidade coa mencionada base, por renuncia de dous dos membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por María Isabel García del Río, persoal laboral fixo do grupo II da USC, vogal titular do tribunal cualificador e Sonia Cordido Méndez, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, secretaria titular.

Segundo. Nomear a Ana M. Pilar Alonso Mougán, persoal laboral fixo do grupo III da USC, como vogal titular en substitución de María Isabel García del Río, e a Rosa María Puga Rajo, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, como secretaria titular en substitución de Sonia Cordido Méndez.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela