En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: svenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.
Situación: lugares de Santa Uxía e Vilariño, concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.
Características principais recollidas no proxecto:
• Peche PRS801 con PRS811: LMT aérea, a 20 kV, de 924 m de lonxitude, en condutor LA-110, con orixe no apoio núm. D52 proxectado de celosía metálica, do tipo C-18/3000 da LMTA existente DC PRS801, e remate no apoio existente núm. 24-33 existente, do tipo HV, da LMTA VLL811.
• Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado número 59 de celosía metálica, do tipo C-18/3000, para instalar en substitución do apoio existente da LMTA existente DC VLL810-VLL825; instalación de 109 m do condutor existente de tipo LA-110 en substitución do existente; desmontaxe do seccionador XS existente con matrícula 32HR96.
• Substitución do CT existente denominado Peroxa Vella-32CGD1, instalando no seu lugar un novo CT proxectado, prefabricado compacto de manobra exterior, 2L+1P, de 250 kVA de potencia aparente e r/t 20.000/400 V.
• Peche PRS811 e VLL810: LMT subterránea, a 20 kV, de 1.011 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe no CT proxectado anterior e remate na cela de liña número 1 (reserva) do CT existente As Paraxas-32CGF5.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do COEIG, o 27.9.2022.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación se poderá examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 2 de marzo de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2023/031-3.
Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.
Denominación da instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.
Predios |
Propietarios |
Afección |
||||||
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Referencia catastral |
Apoio ou CTC |
Servidume de voo |
||
Nº |
Sup. ocupada m2 |
Lonx. m |
Sup. afect. m2 |
|||||
Concello: Nogueira de Ramuín |
||||||||
2 |
Sequeiro |
Monte alto |
Concepción Soto Santorum |
32053A018007520000IA |
381 |
|||
3 |
Cortiña |
Monte alto |
Manuel Vilanova Marica |
32053A018007460000IU |
21 |
263 |
||
5 |
Sequeiro |
Monte alto |
Manuel Pereira Rodríguez |
32053A018007490000IA |
19 |
391 |
||
Concello: A Peroxa |
||||||||
8 |
Bodega |
Monte alto |
Antonio Fernández Rodríguez |
32060A068007280000QP |
8 |
125 |
||
11 |
A Bodega |
Monte alto |
María del Carmen Rodríguez Fernández |
32060A068002600000QO |
34 |
|||
14 |
Forniño |
Monte alto |
Emilia Iglesias Moure |
32060A068002640000QX |
4 |
62 |
||
23 |
Monte da Mariña |
Monte alto |
Antonio Tabuada Fernández |
32060A069000390000QM |
35 |
|||
26 |
Alpuxarras |
Monte alto |
José Artemio Iglesias Amorín Valvina González Rodríguez Emilia González Rodríguez Asier González Rodríguez María del Pilar González Rodríguez |
32060A069000620000QA |
5 |
1 |
52 |
828 |
28 |
Bouciña |
Monte alto |
Hros. de Jesús Gómez Rodríguez |
32060A069001010000QL |
69 |
1.061 |
||
29 |
Bouciña |
Monte alto |
María del Carmen Sáez Sánchez |
32060A069001030000QF |
2 |
82 |
||
31 |
Monte Bouzo |
Monte alto |
Descoñecido |
32060A069003080000QZ |
8 |
126 |
||
35 |
Bouza |
Monte alto |
Ana Fernández Iglésias |
32060A069003040000QI |
4 |
71 |
||
Concello: O Pereiro de Aguiar |
||||||||
36 |
Granxa |
Monte alto |
Josefa Pérez |
32059A007003530000OX |
D59 |
2 |