Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: telecontrol no apoio 9VJEGEAC//4-B1 da LMTA VAR804 B.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: substitución do apoio 9VJEGEAC//4-B1 da liña de media tensión aérea (LMTA) VAR804B por un C-2000/14, no cal se instala un reconectador telecontrolado. Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado. A instalación está situada en Aldea de Arriba, Cea, no municipio Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 9 de marzo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/062-4.
Denominación: telecontrol no apoio 9VJEGEAC//4-B1 da LMTA VAR804 B.
Concello: Vilagarcía de Arousa.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m2 |
|||||
1 |
Aldea de Arriba |
Rústico |
36060A026000760000GD |
Rosa García Portas |
1 |
2,00 |