Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios B4KOLBVG//21-15 e B4OURFEC//21-24, no local da Asociación de Veciños de Untes, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 17 de mazo de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/35-3.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Concello: Ourense.
Denominación: regulamentación da LMTA SAC805 entre apoios B4KOLBVG//21-15 e B4OURFEC//21-24.
Predio núm. |
Lugar |
Titular |
Incidencia |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
1 |
Cuqueira |
CMVMC de Coto do Couto |
Enderezo descoñecido |
Local da Asociación de Veciños de Untes |
30.5.2023 |
12.05 |
2 |
Cuqueira |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
Local da Asociación de Veciños de Untes |
30.5.2023 |
12.10 |
3 |
Cuqueira |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
Local da Asociación de Veciños de Untes |
30.5.2023 |
12.15 |
6 |
A Fonte |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
Local da Asociación de Veciños de Untes |
30.5.2023 |
12.20 |