Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21813

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, considérase máis axeitada unha publicación completa e non parcial dela, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.

Nesta publicación figuran postos aos cales lles foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de agosto de 2018 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Mar (DOG núm. 157, do 20 de agosto).

En consecuencia, por proposta da Consellería do Mar e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de marzo de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de marzo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file