Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22131

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos e as entidades (asociacións e CMVMC) beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xaneiro de 2022, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 10 de outubro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 53886, o total do importe elixible mostrado para o anexo I indica «11.317.842,65 €», cando debe indicar «1.317.842,65 €».