Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir varias prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 241, do 22 de decembro de 2022, publicouse a convocatoria, así como as bases xerais e específicas, que rexerán os procesos selectivos para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de encargado/a da oficina de información xuvenil, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de orientador/a laboral, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de educador/a familiar, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de información turística, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de deportes, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de deportes e monitor/a de ximnasia, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo B, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dez prazas de auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimiladas ao grupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Dúas prazas de operario/a de servizos múltiples, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimiladas ao grupo AP, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de operario/a de servizos múltiples, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimiladas ao grupo AP, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Catro prazas de peón/peoa de limpeza de edificios, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimiladas ao grupo AP, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de chofer de tractor, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo AP, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

De conformidade co establecido na base quinta das bases xerais, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estes procesos de selección publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carnota.

Carnota, 9 de marzo de 2023

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde