Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22802

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio de Augas de Valdeorras

ANUNCIO das bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para proveer a praza incluída na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao ano 2022.

No BOP de Ourense núm. 47, do 27 de febreiro de 2023, publicáronse integramente as bases para cubrir a praza da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2022, do Consorcio de Augas de Valdeorras, de conformidade coa Lei 20/2021.

A praza que se convoca é a seguinte:

(1) Oficial de planta categoría 1ª. Concurso. Laboral, grao medio de formación profesional en electricidade e electrónica ou en instalación e mantemento ou equivalente e permiso de conducir B. Celga 3.

O prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral do Consorcio de Augas de Valdeorras ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro do Consorcio de Augas de Valdeorras ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polo seguinte importe, achegando coa solicitude o correspondente xustificante: 13 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web, www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto nos artigos 58.1.4 e 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 13 de marzo de 2023

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio de Augas de Valdeorras