Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22706

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 24 de novembro de 2022 (DOG do 7 de decembro de 2022 e BOE do 22 de febreiro de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear o tribunal do proceso selectivo, en aplicación da base 5.5 da convocatoria, que estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María del Carmen Romero Gil, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Vogais:

– María del Carmen Costa Buján, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Juan Oreiro Formoso, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Esther Castelao Balboa, funcionaria de carreira do corpo de mestres da Xunta de Galicia.

Secretario:

– Alejandro Manuel Nieto Lareo, persoal laboral fixo do grupo II da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Caroll Jean Guillanders, profesora contratada doutora da USC.

Vogais:

– Raúl Eirín Nemiña, profesor contratado doutor da USC.

– Pilar Riveiro López, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Dolores del Pilar Pato Gándaras, funcionaria de carreira do corpo de mestres da Xunta de Galicia.

Secretario:

– David Pazo Olivares, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela