Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre negociación e subscrición do convenio urbanístico entre este concello e os promotores para a elaboración e execución do proxecto de urbanización da UA-31 Finca Urioste (Xoez-Serantes).

Tras a negociación do convenio urbanístico entre o Concello de Oleiros e os promotores para a elaboración e execución do proxecto de urbanización da UA-31 Finca Urioste (Xoez-Serantes), e en cumprimento do disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Oleiros www.oleiros.org e no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Oleiros, 15 de marzo de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde