Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22697

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461K), convocado pola Orde do 1 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro).

No Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro de 2023, publicouse a Orde do 1 de febreiro de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

O 28 de febreiro, o Boletín Oficial del Estado publicou a Resolución do 9 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna aos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de Inspector. Esta publicación, tal e como indica a propia convocatoria, abría o prazo de presentación de solicitudes, que finalizou o 28 de marzo de 2023.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e de acordo co expresado na devandita orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 1 de febreiro de 2023 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro).

A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

Tal e como dispón a convocatoria no seu punto 4.2, as persoas excluídas e as persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 29 de marzo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión (cód.)

***7047**

Pérez

Diz

Juan Pablo

1, 2

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

1

O certificado presentado non acredita o cumprimento do requisito 2.j) das bases da convocatoria.

2

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais. Debe presentar documentación acreditativa da inexistencia de antecedentes penais.