Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

Mediante Resolución de Alcaldía de data do 3 de abril de 2023, o Concello da Teixeira adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Proceder ao nomeamento de Mª José Quiroga Álvarez, con DNI nº ***4891**como funcionaria de carreira deste concello para ocupar en propiedade unha praza de administrativo, integrada no grupo C, subgrupo C1, pertencente á escala da Administración xeral incluída na OEP de estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio 2022.

Segundo. Publicar o nomeamento no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, así como no BOP e sede electrónica do Concello.

Terceiro. Trasladar a resolución á interesada, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG, indicándolle que, en caso de non facelo, poderá ser declarada en situación cesante e, consecuentemente, decaída do seu dereito.

A Teixeira, 3 de abril de 2023

Marisol Borrajo Lorenzo
Alcaldesa en funcións