Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23259

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se modifican a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B), e a Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B).

Mediante a Orde do 7 de xuño de 2018 ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

A disposición derradeira primeira da Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) modificou o punto 2, parágrafo cuarto, do artigo 2 da Orde do 7 de xuño de 2018 coa finalidade de que o persoal interino que tivese concedida unha comisión de servizos por razón de saúde nun corpo e especialidade determinado e que nese mesmo ano superase o procedemento selectivo noutro corpo ou noutra especialidade puidese participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais cunha solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.

Pola súa vez, a Orde do 7 de xuño de 2022 modificou o artigo 24.1 e a disposición adicional segunda da Orde do 7 de xuño de 2018 para engadir o corpo de inspectores de Educación como primeiro corpo ao cal se adxudicará no concurso de destinos provisionais, así como para equiparar o prazo de presentación da solicitude co persoal opositor que supera o procedemento selectivo convocado cada ano, respectivamente. Ademais, modificou os artigos 33, 34 e 39 do mesmo texto normativo no relativo o prazo de peticións de prestar servizos en determinados concellos e provincias, así como a obriga de formular a solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais mediante o trámite activado para estes efectos no procedemento normalizado código ED002B.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica a disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e declara para extinguir o corpo de profesores técnicos de formación profesional.

A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, no artigo 85 crea o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional; na disposición adicional quinta establece as especialidades do corpo para extinguir de profesores técnicos de formación profesional que se integran no corpo de profesores de ensino secundario, e as especialidades do dito corpo para extinguir que pasan a formar parte da atribución docente do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Na mesma Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, dáse unha nova redacción á disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrando no corpo de profesores de ensino secundario o profesorado do corpo para extinguir de profesores técnicos de formación profesional que no momento da entrada en vigor da Lei orgánica 3/2020, ou no prazo que establece no punto segundo da mesma disposición, posúa a titulación de grao universitario, licenciado ou licenciada, enxeñeiro ou enxeñeira e arquitecto ou arquitecta, ou equivalente para os efectos de acceso á función pública docente, ou outra equivalente para os efectos de docencia das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

O Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, regula a integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario, modifica diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias e constitúe o marco común básico normativo da regulación do procedemento para a integración do profesorado do corpo de profesores técnicos de formación profesional, para extinguir, no corpo de profesores de ensino secundario que desenvolverán as diferentes administracións educativas competentes.

Da aplicación da normativa mencionada despréndense as seguintes cuestións:

Nas 10 especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional participará profesorado dos seguintes corpos:

– Corpo de profesores de ensino secundario.

– Corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.

– Corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.

Nas 19 especialidades do extinguido corpo de profesores técnicos de formación profesional que se integran no corpo de profesores de ensino secundario participará profesorado dos seguintes corpos:

– Corpo de profesores de ensino secundario.

– Corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.

Pola súa vez, teremos profesorado en situación de excedencia voluntaria por interese particular ou por prestación de servizos no sector público, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que pretenderá reingresar neste corpo, en especialidades pertencentes ao corpo de profesores de ensino secundario en especialidades pertences ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

O procedemento de adxudicación de destinos provisionais está deseñado desde a premisa de que a titularidade dunha especialidade non se pode posuír desde diferentes corpos. Tampouco prevé a posibilidade de que se reingrese nun corpo extinguido.

Resulta, pois, totalmente necesario modificar a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional, entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B), partindo da seguinte premisa:

A solicitude e a adxudicación de destinos provisionais para un curso académico continuará realizándose por corpo e especialidade, coas excepcións previstas na orde para o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres e para o persoal interino do corpo de mestres pertencente á lista única. Ademais, no que se refire ás 19 novas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e ás 10 especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, as persoas que sexan titulares desas especialidades poderán participar por estas con independencia do corpo a que pertenzan. Neste último suposto, para o persoal funcionario de carreira a adxudicación realizarase, cando proceda, de acordo co disposto nesta orde, pola antigüidade no corpo de participación e a praza entenderase adxudicada neste mesmo corpo.

En consecuencia, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

RESOLVE:

Artigo 1. Modificación da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B)

Apróbase a modificación da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B) nos seguintes termos:

Un. Modifícase o parágrafo primeiro do artigo 1, que queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 1. Obxecto

«Regúlanse as normas que rexerán as convocatorias de adxudicación de destinos provisionais, para a provisión das necesidades de persoal docente para cada curso académico nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e, se é o caso, noutros centros docentes públicos que dispoñan dun convenio que así o prevexa, que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, entre o persoal dos corpos de inspectores de Educación e o profesorado sen destino definitivo dos corpos de inspectores de Educación; catedráticos e profesores de ensino secundario; do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional; profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional; catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas; catedráticos e profesores de música e artes escénicas; catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño; do corpo de mestres, e o persoal docente con destino definitivo que se relaciona nos artigos 2 e 3 desta orde».

Dous. Modifícase a letra f) do artigo 2.1, que queda redactada do seguinte xeito:

«f) O persoal docente en situación de expectativa de destino, que se ordenará pola maior antigüidade como persoal funcionario de carreira no corpo polo que se participa a unha especialidade, e dentro da mesma antigüidade pola maior antigüidade no acceso a persoal funcionario de carreira e, se é o caso, polo número de orde obtida no concurso-oposición. Considerarase para estes efectos profesorado en expectativa de destino o persoal que non obtivo o seu primeiro destino definitivo, o persoal reingresado con destino provisional procedente dunha situación administrativa que implicou a perda do destino definitivo e persoal que superou a fase de prácticas e está pendente do nomeamento como persoal funcionario de carreira».

Tres. Modifícase o artigo 3.3, que queda redactado do seguinte xeito:

«3. A Inspección educativa comunicará aos centros educativos e ao persoal interesado, coa maior antelación posible e, en todo caso, con anterioridade ao 30 de xuño de cada ano, o número de profesores e profesoras, indicando a especialidade de que son titulares, que non van ter horario no próximo curso académico. Así mesmo, a Inspección educativa remitirá copia desta información á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Catro. Modifícanse os números 3, 4 e 5 do artigo 5, que quedan redactados do seguinte xeito:

«Artigo 5. Participación voluntaria para o persoal funcionario de carreira das escolas oficiais de idiomas, dos conservatorios de música e da especialidade de Procesos de Produción Agraria e da especialidade de Operacións e Equipamentos de Produción Agraria do corpo de profesores de ensino secundario

3. O profesorado con destino definitivo no corpo de profesores de ensino secundario, das especialidades de Procesos de Produción Agraria e de Operacións e Equipamentos de Produción Agraria, poderá solicitar prazas da súa especialidade nos institutos de educación secundaria, nos centros públicos integrados e nos CFEA.

4. O profesorado con destino definitivo do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, da especialidade de Operacións e Equipamentos de Produción Agraria, poderá solicitar prazas da súa especialidade nos institutos de educación secundaria, nos centros públicos integrados e nos CFEA.

5. Ao profesorado a que se fai referencia neste artigo adxudicaráselle praza inmediatamente antes do profesorado en expectativa de destino do corpo e especialidade correspondente e, entre eles, a orde virá determinada sucesivamente pola maior antigüidade no corpo desde o cal participa, maior antigüidade no centro e maior puntuación no procedemento selectivo».

Cinco. Modifícase a letra a) do artigo 6, que queda redactada do seguinte xeito:

«a) As correspondentes ás especialidades das cales sexan titulares, para os centros ou localidades ou, se é o caso, prazas de substituto zonal que figuren no anexo II da resolución que publique a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia, e para as especialidades de:

Código da especialidade:

590 001 Filosofía.

590 002 Grego.

590 003 Latín.

590 004 Lingua Castelá e Literatura.

590 005 Xeografía e Historia.

590 006 Matemáticas.

590 007 Física e Química.

590 008 Bioloxía e Xeoloxía.

590 009 Debuxo.

590 010 Francés.

590 011 Inglés.

590 012 Alemán.

590 015 Portugués.

590 016 Música.

590 017 Educación Física.

590 018 Orientación Educativa.

590 019 Tecnoloxía.

590 033 Prácticas e Actividades.

590 053 Lingua e Literatura Galega.

590 061 Economía.

590 101 Administración de Empresas.

590 102 Análise e Química Industrial.

590 103 Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

590 104 Construcións Civís e Edificación.

590 105 Formación e Orientación Laboral.

590 106 Hostalaría e Turismo.

590 107 Informática.

590 108 Intervención Sociocomunitaria.

590 109 Navegación e Instalacións Mariñas.

590 110 Organización e Xestión Comercial.

590 111 Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos.

590 112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica.

590 113 Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos.

590 114 Procesos de Cultivo Acuícola

590 115 Procesos de Produción Agraria.

590 116 Procesos na Industria Alimentaria.

590 117 Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos.

590 118 Procesos Sanitarios.

590 119 Procesos e Medios de Comunicación.

590 120 Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel.

590 121 Procesos e Produtos do Vidro e Cerámica.

590 122 Procesos e Produtos en Artes Gráficas.

590 123 Procesos e Produtos en Madeira e Moble.

590 124 Sistemas Electrónicos.

590 125 Sistemas Electrotécnicos e Automáticos.

590 700 Profesor especialista.

590 701 Profesor especialista: Fútbol.

590 702 Profesor especialista: Fútbol Sala.

590 703 Profesor especialista: Baloncesto.

590 704 Profesor especialista: Animación Turística.

590 705 Profesor especialista: Audio Próteses.

590 706 Profesor especialista: Condución Grupos a Cabalo e Coidados Equinos.

590 707 Profesor especialista: Condución de Grupos e Bicicleta.

590 708 Profesor especialista: Edificación.

590 709 Profesor especialista: Mantemento Aeromecánico.

590 710 Profesor especialista: Vela.

590 711 Profesor especialista: Protección Civil: ámbito Inspección e Coordinación.

590 712 Profesor especialista: Protección Civil: ámbito Intervención Operativa en Emerxencias.

590 713 Protésico Dental.

590 714 Profesor especialista: Tratamento da Pedra.

590 715 Profesor especialista: Organización Transporte.

590 716 Linguaxe de Signos.

590 717 Comunicación.

Seis. Modifícase o artigo 7, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 7. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional

O profesorado do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións contidas neste artigo:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das cales sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo II para as especialidades de:

Código da especialidade:

590 205 Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos.

590 206 Instalacións Electrotécnicas.

590 207 Instalacións e Equipamentos de Cría e Cultivo.

590 208 Laboratorio.

590 210 Máquinas, Servizos e Produción.

590 212 Oficina de Proxectos de Construción.

590 213 Oficina de Proxectos de Fabricación Mecánica.

590 214 Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios.

590 215 Operacións de Procesos.

590 216 Operacións e Equipos de Produción Agraria.

590 219 Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

590 220 Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

590 221 Procesos Comerciais.

590 222 Procesos de Xestión Administrativa.

590 224 Produción Téxtil e Tratamentos Fisicoquímicos.

590 225 Servizos á Comunidade.

590 227 Sistemas e Aplicacións Informáticas.

590 229 Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son.

590 231 Equipos Electrónicos.

b) O persoal funcionario interino da especialidade de Servizos á Comunidade poderá solicitar prazas de Servizos á Comunidade e de Prácticas e Actividades, pola súa orde de preferencia. Adxudicaranse, en primeiro lugar, as prazas de Prácticas e Actividades ás persoas pertencentes á lista de Prácticas e Actividades.

Para os efectos da tramitación das comisións de servizos, de conformidade co artigo 24.12 desta orde, na especialidade de Servizos á Comunidade computaranse unicamente as prazas desta especialidade. En consecuencia, non se computarán as prazas de Prácticas e Actividades.

O persoal que obteña praza en Prácticas e Actividades terá un nomeamento do subgrupo A1.

c) O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario ou do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de profesores de ensino secundario que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional».

Sete. Engádese un artigo 7 bis coa seguinte redacción:

«Artigo 7 bis. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional e do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional

O profesorado do corpo de profesores de ensino secundario, do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional e do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións contidas neste artigo:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das cales sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo II e para as especialidades de:

Código da especialidade:

598 021 Taller de Vidro e Cerámica.

598 001 Cociña e Pastelaría.

598 002 Estética.

598 003 Fabricación e Instalación de Carpintaría e moble.

598 004 Mantemento de Vehículos.

598 005 Mecanizado e Mantemento de Máquinas.

598 006 Patronaxe e Confección.

598 007 Peiteado.

598 008 Produción en Artes Gráficas.

598 009 Servizos de Restauración.

598 010 Soldadura.

598 700 Profesor especialista.

b) O persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional ou do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional».

Oito. Modifícase o artigo 9, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 9. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

O profesorado do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das cales sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que se relacionen no anexo IV da resolución que publique a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia, e para as especialidades de:

Código da especialidade:

001 Acordeón.

003 Arpa.

005 Danza Clásica.

006 Canto.

007 Caracterización.

008 Clarinete.

009 Clave.

010 Composición.

012 Concertación.

014 Contrabaixo.

017 Danza Española.

018 Baile Flamenco.

020 Dirección de Coro.

023 Dirección de Orquestra.

025 Escena Lírica.

029 Expresión Corporal.

030 Fagot.

031 Frauta de Pico.

032 Frauta Travesa.

033 Etnomusicoloxía.

035 Guitarra.

036 Guitarra Flamenca.

039 Historia da Música.

045 Lingua Alemá.

046 Lingua Francesa.

047 Lingua Inglesa.

048 Lingua Italiana.

050 Música de Cámara.

051 Musicoloxía.

052 Óboe.

053 Órgano.

057 Pedagoxía.

058 Percusión.

059 Piano.

061 Improvisación e Acompañamento.

063 Repertorio con Piano para Voz.

066 Saxofón.

072 Trombón.

074 Trompa.

075 Trompeta.

076 Tuba.

077 Viola.

078 Violín.

079 Violonchelo.

80 Txistu.

081 Baixo eléctrico.

082 Batería de Jazz.

083 Cante Flamenco.

084 Canto de Jazz.

085 Composición de Jazz.

086 Contrabaixo de Jazz.

087 Dulzaina.

088 Flabiol i Tambori.

089 Flamencoloxía.

090 Gaita.

091 Guitarra eléctrica.

092 Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e Barroco.

093 Instrumentos de Puga.

094 Instrumentos de Vento de Jazz.

095 Instrumentos Históricos de Corda Fretada.

096 Instrumentos Históricos de Tecla.

097 Instrumentos Históricos de Vento.

098 Repertorio con Piano para Instrumentos.

099 Teclados/piano Jazz.

100. Tecnoloxía Musical.

101. Tenora i Tible.

102. Viola de Gamba.

103. Análise e Práctica do Repertorio de Baile Flamenco.

104 Análise e Práctica do Repertorio da Danza Clásica.

105 Análise e Práctica do Repertorio da Danza Contemporánea.

106 Análise e Práctica de Repertorio da Danza Española.

107 Ciencias da Saúde Aplicadas á Danza.

108 Composición Coreográfica.

109 Danza Contemporánea.

110 Danza Educativa.

111 Escenificación Aplicada á Danza.

112 Historia da Danza.

113 Psicopedagoxía e Xestión Educativa.

114 Tecnoloxías Aplicadas á Danza.

115 Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas.

116 Acrobacia Aplicada á Arte Dramática.

117 Creación Audiovisual.

118 Dramaturxia e Escritura Dramática.

119 Esgrima Aplicada á Arte Dramática.

120 Estética e Historia da Arte.

121 Indumentaria.

122 Interpretación no Audiovisual.

123 Interpretación no Teatro Musical.

124 Interpretación no Teatro do Texto.

125 Linguaxe Musical Aplicada á Arte Dramática.

126 Pedagoxía Teatral.

127 Pianista Acompañante Aplicado á Arte Dramática.

128 Produción e Xestión Teatral.

129 Técnicas Gráficas para a Escena.

130 Teoría das Artes do Espectáculo.

441 Canto Aplicado á Arte Dramática.

443 Danza Aplicada á Arte Dramática.

444 Dicción e Expresión Oral.

445 Dirección Escénica.

448 Espazo Escénico.

450 Iluminación.

452 Interpretación con Obxectos.

454 Interpretación no Teatro do Xesto.

455 Literatura Dramática.

456 Técnicas Escénicas.

471 Instrumentos de Vento de Jazz-Saxofón.

472 Instrumentos de Vento de Jazz-Trompeta.

473 Instrumentos de Vento de Jazz-Trombón.

Nove. Modifícase o artigo 10, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 10. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de profesores de música e artes escénicas

O profesorado do corpo de profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das cales sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que se relacionen no anexo V da resolución que publique a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia, e para as especialidades de:

Código da especialidade:

007 Caracterización.

116 Acrobacia Aplicada á Arte Dramática.

117 Creación Audiovisual.

118 Dramaturxia e Escritura Dramática.

119 Esgrima Aplicada á Arte Dramática.

120 Estética e Historia da Arte.

121 Indumentaria.

122 Interpretación no Audiovisual

123 Interpretación no Teatro Musical.

124 Interpretación no Teatro do Texto.

125 Linguaxe Musical Aplicada á Arte Dramática.

126 Pedagoxía Teatral.

127 Pianista Acompañante Aplicado á Arte Dramática.

128 Produción e Xestión Teatral.

129 Técnicas Gráficas para a Escena.

130 Teoría das Artes do Espectáculo.

401 Acordeón.

402 Arpa.

403 Canto.

404 Clarinete.

405 Clave.

406 Contrabaixo.

407 Coro.

408 Fagot.

409 Flabiol i Tambori.

410 Frauta Travesa.

411 Frauta de Pico.

412 Fundamentos de Composición.

413 Gaita.

414 Guitarra.

415 Guitarra Flamenca.

416 Historia da Música.

417 Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e Barroco.

418 Instrumentos de Puga.

419 Óboe.

420 Órgano.

421 Orquestra.

422 Percusión.

423 Piano.

424 Saxofón.

425 Tenora i Tible.

426 Trombón.

427 Trompa.

428 Trompeta.

429 Tuba.

430 Txistu.

431 Viola.

432 Viola de Gamba.

433 Violín.

434 Violonchelo.

435 Danza Española.

436 Danza Clásica.

437 Danza Contemporánea.

438 Flamenco.

439 Historia da Danza.

441 Canto Aplicado á Arte Dramática.

443 Danza Aplicada á Arte Dramática.

444 Dicción e Expresión Oral.

445 Dirección Escénica.

448 Espazo Escénico.

449 Expresión Corporal.

450 Iluminación.

452 Interpretación con Obxectos.

454 Interpretación no Teatro do Xesto.

455 Literatura Dramática.

456 Técnicas Escénicas.

460 Linguaxe Musical.

461 Baixo Eléctrico.

462 Dulzaina.

463 Guitarra Eléctrica.

464 Repertorio con Piano para Danza.

465 Cante Flamenco.

O persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de profesores de música e artes escénicas que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional».

Dez. Modifícase o artigo 11, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 11. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de catedráticos e de profesores de artes plásticas e deseño

As profesoras e profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das cales sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que se relacionan no anexo VI da resolución que publique a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia, e para as seguintes especialidades:

Código da especialidade:

501 Cerámica.

502 Conservación e Restauración de Materiais Arqueolóxicos.

503 Conservación e Restauración de Obras Escultóricas.

504 Conservación e Restauración de Obras Pictóricas.

505 Conservación e Restauración de Téxtiles.

506 Conservación e Restauración do Documento Gráfico.

507 Debuxo Artístico e Cor.

508 Debuxo Técnico.

509 Deseño Interiores.

510 Deseño de Moda.

511 Deseño de Produto.

512 Deseño Gráfico.

513 Deseño Téxtil.

514 Edición de Arte.

515 Fotografía.

516 Historia da Arte.

517 Xoiaría e Ourivaría.

518 Materiais e Tecnoloxía: Cerámica e Vidro.

519 Materiais e Tecnoloxía: Conservación e Restauración.

520 Materiais e Tecnoloxía: Deseño.

521 Medios Audiovisuais.

522 Medios Informáticos.

523 Organización Industrial e Lexislación.

524 Vidro.

525 Volume.

907 Historia coa especialidade de Arqueoloxía.

O persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade e o persoal interino e substituto do corpo de profesores de artes plásticas e deseño que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional».

Once. Modifícase o artigo 12, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 12. Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño

As mestras e mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das cales sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que se relacionen no anexo VI da resolución que publique a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia, e para as seguintes especialidades:

Código da especialidade:

067 Taller do Moble.

601 Artesanía e Ornamentación con Elementos Vexetais.

602 Bordados e Encaixes.

603 Complementos e Accesorios.

604 Dourado e Policromía.

605 Ebanistería Artística.

606 Encadernación Artística.

607 Esmaltes.

608 Fotografía e Procesos de Reprodución.

609 Modelismo e Maquetismo.

610 Moldes e reproducións.

611 Musivaría.

612 Talla en Pedra e Madeira.

613 Técnicas Cerámicas.

614 Técnicas de Gravado e Estampación.

615 Técnicas de Xoiaría e Bixutería.

616 Técnicas de Ourivaría e Prataría.

617 Técnicas de Patronaxe e Confección.

618 Técnicas de Metal.

619 Técnicas Murais.

620 Técnicas Téxtiles.

621 Técnicas Vidreiras.

O persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poida renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional».

Doce. Modifícase o artigo 23.5, que queda redactado do seguinte xeito:

«5. Ademais das vacantes adxudicaranse na resolución do concurso aquelas prazas que se orixinen por resultas na resolución do concurso de cada corpo, como consecuencia da adxudicación de destinos ao persoal que participa no concurso con destino definitivo. Non se adxudicarán, polo tanto, aquelas prazas que poidan orixinarse nun corpo pola adxudicación dun destino a unha persoa noutro corpo distinto do que se encontra en situación de servizo activo.

Para estes efectos, nas especialidades en que se pode participar desde máis dun corpo ofertarase sempre a resulta no corpo a que pertenza a especialidade.

Trece. Modifícase o número 1 do artigo 24, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 24. Orde de adxudicación das vacantes

1. A adxudicación realizarase por especialidades. A orde de adxudicación das especialidades efectuarase tendo en conta que en primeiro lugar se adxudicarán as especialidades pertencentes a cada corpo, pola orde que a seguir se relaciona:

– 510 Inspectores de Educación.

– 597 Mestres.

– 512/592 Catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas.

– 513/595 Catedráticos e profesores de artes plásticas e deseño.

– 596 Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

– 593 Catedráticos de música e artes escénicas.

– 594 Profesores de música e artes escénicas.

– 511/590 Catedráticos e profesores de ensino secundario.

– 598 Profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.

Dentro de cada corpo, a orde de adxudicación realizarase por orde de código das especialidades.

Nas especialidades en que se pode participar desde máis dun corpo, para o persoal funcionario de carreira, a antigüidade computarase no corpo desde o cal se participa. No caso de persoal integrado no corpo de profesores de ensino secundario, terase en conta a antigüidade acumulada como persoal funcionario de carreira no corpo de profesores técnicos de formación profesional.

O persoal funcionario interino de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario ou de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, continuará tendo a mesma prioridade que tiña nestas especialidades no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional».

Catorce. Modifícase o parágrafo primeiro do número 1 do artigo 39, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 39. Solicitude de non participación ou renuncia á resolución provisional

1. O persoal interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación, poderá solicitar cada curso académico non participar nesta convocatoria ou renunciar á resolución provisional, sen perder o número de orde na lista correspondente e sen que se admitan renuncias parciais, nos seguintes supostos:

a) Coidado de fillos e fillas.

– Para atender o coidado dun fillo ou filla menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

– Para atender un fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

– Para atender dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

– Para atender tres fillos ou fillas menores de doce anos ou dous fillos ou fillas menores de doce anos se un deles ten un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 % ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

A idade dos fillos computarase en 1 de setembro de cada ano académico.

b) Para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

– Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.

c) Por enfermidade grave do propio persoal docente.

d) Por ser vítima de violencia de xénero ou de violencia sexual ou violencia terrorista.

e) Ampliación de estudos oficiais.

Por ampliación de estudos, por un período máximo de tres anos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se realizan estudos para obter un título universitario oficial de doutor, máster, grao, ou equivalente.

No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico.

Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse de, polo menos, o 30 por 100 dos contidos.

Excepcionalmente, poderán utilizarse un cuarto e quinto anos, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.

f) Por calquera das circunstancias que permite ao persoal funcionario a concesión dos servizos especiais.

O persoal docente interino e substituto poderá solicitar non ser chamado para as prazas que puidesen corresponderlle por un período máximo e improrrogable de tres cursos académicos, que non terán que ser necesariamente consecutivos, sempre que alegue e xustifique ter un contrato de traballo ou prestar servizos noutro posto do sector público ou ben desenvolver un traballo por conta propia. Neste último caso deberá acreditar esta situación mediante a alta no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos durante un período mínimo de 6 meses anterior ao chamamento.

Non será posible efectuar esta opción unha vez producido o nomeamento de persoal interino ou substituto, agás causa sobrevida ao nomeamento.

O persoal docente interino e substituto poderá solicitar non ser chamado para as prazas que puidesen corresponderlle sempre que alegue e xustifique estar impartindo cursos de formación relacionados coa lingua galega impartidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Quince. Engádese unha disposición adicional sétima coa seguinte redacción:

«Disposición adicional sétima. Adxudicación de destinos provisionais a partir do curso académico 2023/24

A partir do curso académico 2023/24, as especialidades do extinguido corpo de profesores técnicos de formación profesional ofertaranse no corpo de profesores de ensino secundario ou no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, segundo proceda, sen prexuízo da súa adxudicación ao profesorado funcionario de carreira deste corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, titular da especialidade, que estea en situación de servizo activo ou noutra situación administrativa».

Dezaseis. Engádese unha disposición adicional oitava coa seguinte redacción:

«Disposición adicional oitava. Modificación, de oficio, das solicitudes de participación

Ao persoal docente que siga tendo a obriga de participar no procedemento de CADP, de conformidade co establecido no artigo 21 desta orde, transformaránselle as súas solicitudes de participación para o curso académico 2023/24, do seguinte xeito:

a) Ao persoal docente funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional transformaránselle as peticións da súa solicitude de profesor técnico a peticións do corpo de profesores de ensino secundario ou de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, segundo corresponda en función da especialidade solicitada.

b) Ao persoal docente funcionario interino do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, de especialidade ou especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario, transformaráselle a súa solicitude ou solicitudes de profesor técnico nunha solicitude ou solicitudes de persoal docente interino do corpo de profesores de ensino secundario, nas mesmas especialidades.

c) Ao persoal docente funcionario interino do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, de especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, transformaráselle a súa solicitude ou solicitudes de profesor técnico nunha solicitude ou solicitudes de persoal docente interino do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.

d) As peticións formuladas aos códigos de profesorado especialista do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional transformaranse de oficio en peticións ao novo código de profesorado especialista do corpo de profesores de ensino secundario ou ao novo código de profesorado especialista do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, segundo corresponda. Pola súa vez, procederase do mesmo xeito en relación coas materias afíns que se solicitasen.

Artigo 2. Modificación da Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B)

Apróbase a modificación da Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) nos seguintes termos:

Único. Modifícase o artigo 2, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 2. Duración

A comisión de servizos terá a duración dun curso académico.

A solicitude de prórroga deberá reunir os mesmos requisitos formais e temporais exixidos para a primeira solicitude de concesión».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades