Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO das bases e da convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023, publicáronse a aprobación das bases xerais e específicas e a convocatoria dos procesos selectivos derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal laboral temporal, ao abeiro da Lei 20/2021, de 28 de decembro, do Concello de Fornelos de Montes. Posteriormente, advertido erro, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 32, do 15 de febreiro de 2023, publicouse a corrección correspondente.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Fornelos de Montes, 21 de marzo de 2023

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde