Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 13 de abril de 2023 Páx. 23297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a declaración de utilidade pública do parque eólico Serra da Fracha, situado nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/148).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Eólica Santa Teresa, S.L.U. (NIF B01667872).

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra.

Denominación do proxecto: parque eólico Serra da Fracha.

Concellos afectados: Ponte Caldelas e Pontevedra.

Área de desenvolvemento eólico: Coto Agudo.

Potencia total: 8,4 MW.

Número de aeroxeradores: 2.

Produción neta prevista: 27.824 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 7.338.502,54 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación do parque eólico:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

A

533.828,54

4.694.164,51

Ponte Caldelas

B

534.693,03

4.693.717,03

Ponte Caldelas

C

535.261,32

4.691.574,89

Ponte Caldelas

D

534.767,04

4.691.418,32

Pontevedra

E

534.368,33

4.691.684,25

Pontevedra

F

534.024,80

4.692.154,92

Pontevedra

G

533.300,23

4.693.553,77

Pontevedra

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

AE-1

533.947,14

4.693.462,96

Ponte Caldelas

AE-2

534.036,70

4.692.963,14

Ponte Caldelas

Coordenadas do centro de seccionamento e control:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

Centro secc. V-1

534.144,28

4.693.755,27

Ponte Caldelas

Centro secc. V-2

534.148,20

4.693.758,39

Ponte Caldelas

Centro secc. V-3

534.153,63

4.693.743,54

Ponte Caldelas

Centro secc. V-4

534.157,54

4.693.746,65

Ponte Caldelas

Coordenadas da torre meteorolóxica:

T. meteorolóxica

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

MM-1

534.207,00

4.693.164,00

Ponte Caldelas

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 2 aeroxeradores modelo Vestas V150 ou similar, de 4,2 MW de potencia nominal unitaria, 150 m de diámetro de rotor e 105 m de altura de buxa. Cada aeroxerador está equipado cun centro de transformación, instalado no seu interior, de relación de transformación 0,69/20 kV.

– Rede eléctrica subterránea de 20 kV, formada por dúas liñas colectoras independentes, de 576 m e 1.035 m, que conectan, en paralelo, cada un dos aeroxeradores co centro de seccionamento. Estas liñas están constituídas por ternas de condutores unipolares tipo RH5Z1-OL 18/30 kV Al H16/25, de sección 240 mm², tendidas dentro de tubo de polietileno PEAD corrugado. Na gabia das liñas colectoras tamén se instalan o cable de terra (un condutor de cobre nu de sección 50 mm²) e os cables de fibra óptica para comunicacións.

– Centro de seccionamento de tecnoloxía convencional de 20 kV. Situado nun edificio de planta baixa, de 15×5 m², de nova construción, que tamén alberga o centro de control do parque eólico. Dispón dunha sala de celas metálicas prefabricadas con illamento en hexafluoruro de xofre (SF6) e dun transformador de servizos auxiliares. A sala ten dúas celas de chegada de liña para a conexión das liñas colectoras do parque, unha cela de medida, unha cela de servizos auxiliares e unha cela de saída de liña para evacuar a enerxía.

– Liña subterránea de 20 kV de evacuación da enerxía eléctrica producida no parque eólico, entre o centro de seccionamento e o entroncamento en apoio existente da liña aérea LAT Taboadelo-subestación A Reigosa. A liña soterrada, de 35 m, está formada por unha terna de condutores unipolares tipo RH5Z1-OL 18/30 kV Al H16/25, de sección 240 mm², tendida dentro de tubo.

– Torre meteorolóxica de 107 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a relación de bens e dereitos afectados que se anexa a esta resolución.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 34.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas) e de Pontevedra (rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra).

Pontevedra, 13 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio

Titular

Datos

catastrais

Lugar

Uso

Aeroxerador

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocupación

temporal

Polígono

Parcela

Cimentación

Plataforma

C. de seccionamento

T. meteorolóxica

Vieiro

Gabia

Concello de Ponte Caldelas

1

CMVMC de Baltar

20

9030

A Reigosa

CA-Camiño

8

2

CMVMC de Baltar

51

1

A Reigosa

CA-Camiño

2.311

2.119

CA-Camiño

AE-1

71

360

CA-Camiño

AE-2

65

FO-Monte alto

49

8.926

290

FO-Monte alto

AE-1

239

4.344

4.061

FO-Monte alto

AE-2

474

FO-Monte baixo

313

20.118

157

FO-Monte baixo

AE-1

314

3.002

13.236

3

CMVMC de Baltar

51

9001

A Reigosa

CA-Camiño

15

4

CMVMC de Baltar

51

9004

A Reigosa

CA-Camiño

1.581

CA-Camiño

AE-2

233

5

CMVMC de Baltar

52

20

Baltar

CA-Camiño

983

CA-Camiño

AE-2

121

FO-Monte alto

736

67

FO-Monte alto

AE-2

241

7.203

8.574

FO-Monte baixo

18.998

FO-Monte baixo

AE-2

371

721

7.932

6

CMVMC de Baltar

52

9001

Baltar

CA-Camiño

1.454

12

CA-Camiño

AE-2

258

7

CMVMC da Reigosa

20

352

Cabadas de Fóra

FO-Monte alto

16

FO-Monte baixo

132

IM-Improdutivo

181

PR-Pasto arbustivo

306

8

CMVMC da Reigosa

20

417

A Reigosa

CA-Camiño

5

FO-Monte alto

3

FO-Monte baixo

358

IM-Improdutivo

165

9

CMVMC da Reigosa

20

9019

A Reigosa

CA-Camiño

405

10

CMVMC da Reigosa

20

9030

A Reigosa

CA-Camiño

103

11

CMVMC da Reigosa

51

1

A Reigosa

CA-Camiño

226

FO-Monte alto

444

FO-Monte baixo

2.702

12

CMVMC da Reigosa

51

9001

A Reigosa

CA-Camiño

113

13

Eléctrica Los Molinos, S.L.

20

437

A Reigosa

FO-Monte baixo

824

IM-Improdutivo

142