Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23462

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023 pola que se dá publicidade das entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución de adxudicación das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2023, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 30 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR536A).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713C.781.1.

Crédito orzamentario: 220.000,00 €.

c) Finalidade:

– O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

– A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

– A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

– A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

d) Destinatarias:

As organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.

e) Beneficiarias e importe concedido:

Nº de expediente

Entidade

NIF

Contía

LIXEN/2023/15/0001

Puraga-Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega

G27334168

22.000,00 €

LIXEN/2023/27/0001

Asoporcel-Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta

G27243500

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0001

Asovega-Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega

G32267296

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0002

Avimos-Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos

G32278251

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0003

Cachega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena

G32253619

22.000,00 €

LIXEN/2022332/0004

Caldega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Caldelá

G32253593

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0005

Capriga-Asociación de Criadores da Raza Cabra Galega

G32413668

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0006

Frieirega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Frieiresa

G32253627

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0007

Limiaga-Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá

G32253585

22.000,00 €

LIXEN/2023/32/0008

Vianega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa

G32253601

22.000,00 €