Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23770

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión do 10 de abril de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo I a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.5 da convocatoria.

Segundo. Realizar a publicación, como anexo II a esta resolución, da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO I

Baremación definitiva

NIF

Apelidos e nome

Antigüidade

Cursos

Galego

Parto

Rede

Exc.

Conc.

Total

***1192**

Amigo Barcia, María Fernanda

30,00

6,00

3,00

0,00

0,00

0,00

0,00

39,00

***3149**

Delgado Calvo, María Teresa

26,00

5,60

3,00

0,00

0,00

0,00

0,00

34,60

***1570**

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

13,60

0,20

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

13,80

***0041**

Periago Rodríguez, Laura Carmen

30,00

2,48

3,00

0,20

0,00

0,00

0,20

35,68

ANEXO II

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

1

***1192**

Amigo Barcia, María Fernanda

19,74

23,03

Exenta

39,00

81,77

2

***3149**

Delgado Calvo, María Teresa

15,72

23,55

Exenta

34,60

73,87

3

***0041**

Periago Rodríguez, Laura Carmen

15,67

21,75

Exenta

35,68

73,10

4

***1570**

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

15,89

15,00

Exento

13,80

44,69