Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 234, do 13 de decembro de 2022, e núm. 236, do 15 de decembro, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 5.12.2022 e do 12.12.2022, relativas ás seguintes convocatorias:
– 20 prazas de subalterno/a (agrupacións profesionais), C.E. 45/18, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 1 praza de bibliotecario/a medio/a (subgrupo A2), C.E. 30/18, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 1 praza de animador/a de centros cívicos (subgrupo C1), C.E. 31/18, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 1 praza de técnico/a superior de consumo (subgrupo A1), C.E. 33/18, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 1 praza de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), C.E. 11/17, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 27 prazas de auxiliar administrativo/a (subgrupo C2), C.E. 5/22, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
– 1 praza de técnico/a de normalización lingüística (subgrupo A2), C.E. 38/18, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 11 de abril de 2023
A alcaldesa
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior