Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 23981

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos adscrito á Dirección de Recursos Humanos.

Mediante a Resolución do 2 febreiro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 31, do 14 de febreiro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de Xefatura do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos, adscrito á Dirección de Recursos Humanos na Área de Expedient-e, Atención ao Profesional e Sistemas de Xestión de Calidade.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de Xefatura do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos, adscrito á Dirección de Recursos Humanos na Área de Expedient-e, Atención ao Profesional e Sistemas de Xestión de Calidade, ao/á aspirante seleccionado/a que consta no anexo.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 1 de abril de 2023

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Anexo

Apelidos e nome

DNI

Denominación do posto

Sáez Taboada, Carlos Alberto

***9974**

Xefatura do Servizo Expedient-e, Atención ao Profesional e Sistemas de Xestión de Calidade

(Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Pontevedra e

O Salnés)