A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, establece no seu artigo 157 o destino dos produtos e bens incautados.
No caso de bens incautados cautelarmente pola Comisión de Infraccións, e dos cales non se coñece o seu propietario, non é posible a tramitación do correspondente procedemento sancionador e, así mesmo, non é posible requirirlo para a súa retirada ao descoñecerse a súa titularidade.
Debido aos problemas de ocupación das instalacións onde se depositan e custodian os citados bens mobles (artes, aparellos, útiles de pesca e marisqueo, equipamentos e outros accesorios) e do gasto derivado, procede, por analoxía e unidade de razón co disposto no artigo 157.5 e 6, considerar os referidos bens incautados cautelarmente e, para os que non se coñece o titular, declaralos en abandono.
Non obstante o anterior, durante o prazo de seis (6) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio do Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán presentar reclamación, xustificando a titularidade dos bens afectados, e proceder á súa retirada dentro dese mesmo prazo.
Unha vez transcorrido ese prazo de seis meses sen a reclamación e retirada dos bens, serán declarados en abandono e o órgano competente da Consellería poderá decidir a súa venda en poxa pública, a súa entrega a entidades sen ánimo de lucro ou de carácter benéfico ou a súa destrución.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023
A conselleira
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Relación de bens que incorren no procedemento de declaración de abandono
Acta: 201523846, data: 7.4.2021, nº de embarcación: 218.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor vermella e costado branco e azul.
– Medidas: eslora 5,40 m, manga 2,10 m, puntal 0,65 m.
– Motor foraborda de 2 tempos sen placa identificadora.
Acta: 201811541, data: 24.7.2020, nº de embarcación: 213.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor vermella e costado branco e negro.
– Medidas: eslora 5,00 m, manga 1,90 m, puntal 0,50 m.
– Motor foraborda Yamaha 40 CV de 4 tempos, sen placa identificadora.
Acta: 84721-C, data: 28.10.2012, nº de embarcación: 31.
Características:
– Planadora de PRFV de cor azul.
– Medidas: eslora 5,30 m, manga 2 m, puntal 0,5 m.
– Motor foraborda 2 tempos sen placa identificadora.
Acta: 201811506, data: 23.5.2020, nº de embarcación: 212.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor laranxa e costado de cor branca.
– Medidas: eslora 4,95 m, manga 2,05 m, puntal 0,50 m.
– Motor foraborda Yamaha 15 CV de 4 tempos, n/s: 15D6N1L-301862.
Acta: 201211718, data: 13.9.2014, nº de embarcación: 59.
Características:
– Planadora de PRFV de cor vermella.
– Medidas: eslora 4,10 m, manga 1,60 m, puntal 0,60 m.
– Motor foraborda Yamaha 4 tempos, sen placa identificadora.
Acta: 201227018, data: 17.10.2013, nº de embarcación: 130.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor azul e costados de cor branca.
– Medidas: eslora 4,70 m, manga 1,90 m, puntal 0,52 m.
– Motor foraborda Mercury, sen placa identificadora.
Acta: 78054-C, data: 22.4.2010, nº de embarcación: 2.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor vermella e costado de cor branca.
– Medidas: eslora 4,80 m, manga 2,05 m, puntal 0,50 m.
– Motor foraborda Yamaha 25 CV, sen placa identificadora.
Acta: 201805288, data: 3.7.2019, nº de embarcación: 205.
Características:
– Planadora de PRFV con cuberta de cor azul e costado de cor branca.
– Medidas: eslora 2,85 m, manga 1,5 m, puntal: 0,5 m.
– Sen motor.
Acta: 201401423-AI, data: 17.6.2014, nº de embarcación: 23.
Características:
– Planadora de PRFV de cor vermella.
– Medidas: eslora 4,90 m, manga 1,85 m, puntal 0,65 m.
– Motor foraborda Yamaha 40 CV, sen placa identificadora.
Acta: 84661-C, data: 11.10.2012, nº de embarcación: 77.
Características:
– Bote de PRFV con cuberta de cor azul e costado de cor negra.
– Medidas: eslora 2,60 m, manga 1,35 m, puntal 0,50 m.
– Motor foraborda Yamaha 4 CV, sen placa identificadora.
Acta: 39482-C, data: 8.1.2009, nº de embarcación: 123.
Características:
– Bote de PRFV con cuberta de cor amarela e costado de cor branca.
– Medidas: eslora 2,20 m, manga 1,10 m, 0,40 m.
– Sen motor.
Acta: 201518123, data: 8.11.2018, nº de embarcación: 200.
Características:
– Planadora de PRFV de cor azul.
– Medidas: eslora 4,90 m, manga 1,80 m, puntal 0,55 m.
– Sen motor.
Acta: 66955-C, data: 24.11.2010, nº de embarcación: 113.
Características:
– Bote de fibra de PRFV de cor azul.
– Medidas: eslora 3,85 m, manga 1,60 m, puntal 0,42 m.
– Motor foraborda Yamaha 9.9 CV, n/s: 99FMH 682C 451595Y.