En sesión que tivo lugar o 5 de abril de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo), modificada polas resolucións do 14 de xullo de 2022 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) e de 31 de agosto de 2022 (DOG núm. 168, do 5 de setembro), para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023
Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal