Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24534

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO polo que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

De conformidade co establecido na base IV da convocatoria, a Comisión de Selección cualificadora do proceso será nomeada polo Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. En virtude do anterior, o Consello de Administración do 29 de marzo de 2023

ACORDOU:

Nomear as seguintes persoas como membros da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías do ente instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.:

Comisión de Selección.

– Titulares:

Presidente: Diego Jorreto Díaz.

Secretaria: Belén López López.

Vogais:

María del Mar Fernández Currás.

Ana Castaño Calviño.

Daniel Durán Arriero.

– Suplentes:

Presidente: Ángel Rodríguez González.

Secretario: Luis Montero Senra.

Vogais:

María del Carmen Leyenda Vilar.

Antonio López López.

Pablo Núñez Otero.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión
do Solo de Galicia-Xestur, S.A.