Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24418

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal de administración e servizos funcionario e persoal de administración e servizos laboral no marco da estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 30 de xaneiro de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir prazas de persoal funcionario e laboral da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes ao procedemento de estabilización extraordinaria incluídas na oferta pública de emprego do ano 2022 desta institución, publicada mediante a Resolución do 25 de maio (DOG do 31 de maio). Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que as citadas listaxes provisionais están expostas no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren nas relacións de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos nas seguintes ligazóns:

Persoal funcionario:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Persoal laboral:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas nas relacións de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela