Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 103/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 103/2023 (procedemento ordinario), interpostos por María del Carmen Corral Amoedo, Leticia Lago Álvarez e David Alonso Crespo contra:

– Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os novos requisitos e iníciase un novo prazo para acceder ao grao inicial de carreira profesional, convócase o procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV correspondente ao ano 2022 e tramítase un procedemento extraordinario de acceso ao grao I dirixido ao persoal estatutario temporal, publicada no DOG núm. 231, do 5 de decembro.

– Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo da Mesa Sectorial do 28 de outubro de 2022 sobre as futuras convocatorias de acceso aos graos de carreira profesional, publicado no DOG núm. 231 do 5 de decembro.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos