Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24859

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 15 de marzo de 2023 polo que se dá publicidade do acordo sobre selección de persoal para a apertura de listas previas para cubrir temporalmente diversos postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., do 15 de marzo de 2023,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder á cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro de persoal da empresa mediante o procedemento de apertura, publicidade, baremación, elaboración de listas, e posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación.

Segundo.

Apertura dun prazo para a inscrición nas seguintes listas:

• Titulados superiores: biólogos/veterinarios.

• Analistas de laboratorio: técnico superior (FP2 ou equivalente) de especialidades de laboratorio.

• Auxiliar de laboratorio: técnico medio de FP de especialidades de laboratorio.

Terceiro. Documentación que deberán presentar os interesados.

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases específicas que para cada categoría profesional están publicadas no perfil do contratante da web de Xenética Fontao, S.A. http://www.xeneticafontao.com/perfil.php

Os candidatos deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle na epígrafe «Documentación para presentar» das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes dirixiranse ao director-xerente de XF e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas de rexistro de XF, sitas no lugar de Fontao, Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos mediante correo certificado con xustificante de recepción (neste caso, deberase remitir, no mesmo día de presentación da solicitude, vía fax, ao número 982 28 46 26, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o xustificante acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e Comisión de Selección.

A baremación das solicitudes efectuaraa, de acordo coas bases específicas correspondentes a cada categoría, unha Comisión de Selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A. e formada polas dúas direccións técnicas/xefaturas de área da empresa.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.