Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira.

Mediante Resolución da Alcaldía nº 2023-0473, do 12 de abril, modificada pola Resolución da Alcaldía nº 2023-0489, do 13 de abril, o Concello da Estrada resolveu o seguinte:

Primeiro. Nomear a Miguel Ángel Durán Constenla, con DNI ***5448**, funcionario de carreira deste concello, para ocupar en propiedade unha praza de encargado de obras, integrada no grupo C, subgrupo C2, pertencente á escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, incluída na OEP de 2019.

Segundo. Publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Terceiro. Trasladarlle a resolución ao interesado, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG, indicándolle que, en caso de que non o faga sen causa xustificada, quedarían anuladas todas as actuacións e entenderíase que renuncia á praza.

No indicado prazo, o funcionario nomeado deberá exercer a opción prevista no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro. Na falta de opción no prazo indicado, entenderase que opta polo novo posto e pasará á situación de excedencia voluntaria no que viña desempeñando.

A Estrada, 18 de abril de 2023

José C. López Campos
Alcalde