Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25169

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 12 de abril de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG núm. 79, do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e dispón, no seu artigo 2, a creación de equipos de orientación específicos.

O perfil profesional das persoas candidatas para desempeñar postos nestes equipos vén determinado polo artigo 5 do citado decreto e debe responder ao dun perfil profesional con formación e experiencia que lle permitan desenvolver as funcións establecidas no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG núm. 147, do 31 de xullo), pola que se establece a organización e o funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998.

Por outra banda, a Orde do 2 de xuño de 2021 regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

Nesta orde regúlase como se actualiza o expediente persoal e que todos os datos que consten neste se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros que sexan necesarios para a xestión do persoal docente.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998 autorízase a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para ditar cantas disposicións sexan precisas para a execución e o desenvolvemento do que nel se establece.

Debido á existencia de prazas vacantes no cadro de persoal dos equipos de orientación específicos, e en virtude da autorización que consta na dita disposición derradeira primeira, realízase a súa convocatoria pública.

Para estes efectos, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeira. Obxecto

Convócase concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, para cubrir as prazas vacantes dos equipos de orientación específicos.

Segunda. Vacantes que se convocan

As prazas que se cubrirán neste concurso son as vacantes que se relacionan no anexo II desta orde.

Así mesmo, ofertáranse, de ser o caso, as potenciais resultas que se xeren da participación neste procedemento.

Terceira. Persoal participante

Poderá participar neste concurso de traslados específico o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, que estea nalgunha das seguintes situacións:

a) Que estea en situación de servizo activo con destino definitivo ou provisional nos equipos de orientación específicos ou con destino definitivo en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Enténdese incluído nesta epígrafe o persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.

b) Así mesmo, poderá participar o persoal funcionario de carreira en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

c) O persoal funcionario de carreira que estea en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual ou excedencia por razón de violencia terrorista.

Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria transcorreu un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.

d) O persoal funcionario de carreira que teña destino definitivo nun centro do estranxeiro e teña que reincorporarse á Comunidade Autónoma de Galicia no inicio do curso académico 2023/24.

d) O persoal funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de orientación educativa, que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade, convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).

As persoas participantes no concurso por esta alínea d) farano con cero puntos.

Cuarta. Requisitos específicos de participación

O persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, deben posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes (base quinta) os seguintes requisitos específicos para participar neste concurso de traslados específico:

1. Contar cun mínimo de dous anos de experiencia docente nunha praza directamente relacionada co posto a que se aspira (orientación educativa).

2. Acreditar o coñecemento da lingua galega. Para estes efectos, deberá posuír o certificado de lingua galega (Celga 4) ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega; ter a validación correspondente; telo superado a través da proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superaron a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de ingreso ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

Quinta. Solicitudes, prazo de presentación de solicitudes e de méritos e documentación complementaria

1. Solicitudes de participación e de actualización e/ou modificación do expediente.

Tanto as solicitudes de participación como a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. No caso da solicitude de participación, empregarase a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Prazo de presentación de solicitudes e de méritos que se van valorar, de ser o caso.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Unha vez rematado o dita prazo, a/s solicitude/s serán vinculantes nos seus termos para a persoa aspirante e non poderán ser obxecto de modificación. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 3 desta base, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

3. Documentación complementaria.

3.1. As persoas interesadas deberán anexar na sede electrónica, xunto coa solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), a seguinte documentación:

a) Solicitude de participación, de conformidade co modelo que se publica como anexo I nesta convocatoria pública.

b) Autobaremación, de conformidade co modelo que se publica como anexo IV nesta convocatoria pública.

c) Proxecto de traballo en relación coa praza solicitada, cunha extensión máxima de 20 páxinas, tamaño folio, formato DIN-A4, a dobre espazo e letra tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir.

No caso de optar a prazas con perfís diferentes, presentaranse os proxectos da especialidade que correspondan.

3.1.1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3.1.2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Pola súa vez, o persoal solicitante deberá proceder do seguinte xeito en relación coa alegación de méritos neste concurso específico:

a) Persoal solicitante co expediente actualizado.

De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021, pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais, que consten no expediente serán empregados na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros necesarios para a xestión do persoal docente.

O persoal docente poderá verificar o seu expediente persoal na páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais. No caso de que sexan correctos todos os datos profesionais e académicos, o persoal solicitante soamente deberá presentar a solicitude de participación neste concurso específico por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), de conformidade co establecido nesta convocatoria pública.

b) Persoal solicitante co expediente sen actualizar.

No prazo de presentación de solicitudes establecido nesta base, o persoal docente que participe neste concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais da presentación da solicitude de participación no concurso por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude do procedemento ED011A e achegaranse para cada mérito que se vaia alegar os documentos individualizados respectivos.

De conformidade co establecido no artigo 6.2 da Orde do 2 de xuño de 2021, a persoa titular do órgano de dirección con competencia en materia de recursos humanos designará persoal funcionario específico para realizar as tarefas de validación da documentación achegada polo persoal docente para a súa incorporación ao expediente, consonte os procedementos específicos establecidos para tales fins, agás no relativo á documentación de actividades de formación que sexan susceptibles de recoñecemento e certificación, para o cal se designará persoal funcionario de validación específico da unidade correspondente. O persoal funcionario designado para a validación será o encargado da verificación da dita documentación mediante a comprobación da validez e acreditación documental suficiente da documentación alegada polo persoal docente, así como da posterior incorporación ao expediente docente que corresponda.

c) Alegacións aos méritos recollidos na epígrafe 3 (Publicacións) do anexo III correspondente ao baremo.

A baremación desta epígrafe é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.

No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron, deberán marcar a opción de «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei» na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, o uso e o acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.

Sexta. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos

Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante terán que estar cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.

Non se terán en conta aqueles méritos non alegados ou os alegados que non sexan debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base quinta, así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A). Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase por medios electrónicos a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.

Sétima. Méritos para valorar

Os méritos que se deberán ter en conta neste procedemento serán os recollidos no anexo III desta orde e valoraranse con referencia ao último día de presentación de solicitudes.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no seu expediente e ser acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

En todo caso, os méritos correspondentes á experiencia profesional (epígrafe 5 do anexo III desta orde) serán baremados de oficio por esta Administración e non será necesaria a súa acreditación documental.

No que atinxe ao proxecto de traballo en relación coa praza solicitada, este deberá incluír as seguintes liñas básicas de actuación: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación.

Na valoración dos proxectos por parte da Comisión de Selección terase en conta o carácter innovador na súa formulación, así como a capacidade para organizar, orientar e dar resposta ás situacións que se poidan atopar no desenvolvemento das funcións xerais e específicas asignadas aos ditos equipos.

Para poder resultar adxudicatario dalgunha das prazas convocadas, será necesario obter unha puntuación mínima de 5,0000 puntos no que respecta ao proxecto de traballo en relación con cada praza solicitada.

Oitava. Comisión de Selección

1. Para avaliar os méritos alegados polo persoal concursante no que se refire ás publicacións recollidas na epígrafe 3, anexo III, desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades designará a mesma comisión que resulte para o concurso de traslados de ámbito estatal.

A asignación da puntuación que lles corresponde ás persoas concursantes polas restantes epígrafes do baremo de méritos realizaraa unha comisión de selección integrada polas seguintes persoas:

a) Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ou persoa en quen delegue.

b) Vogais:

– Unha persoa funcionaria de carreira que ocupe un posto de xefatura de servizo na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– Dúas persoas funcionarias de carreira docentes membros da Inspección Educativa da especialidade ou coa titulación específica de orientación educativa.

– Unha persoa funcionaria de carreira docente membro dos equipos de orientación específicos.

c) Secretaría: unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da Comisión, con voz e sen voto. Para tal fin, coa debida antelación, deberáselle comunicar o nome da persoa representante ao presidente da Comisión de Selección.

2. As persoas membros da Comisión estarán suxeitas ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, con corrección de erros do 1 de xuño).

Novena. Notificacións

As notificacións de resolucións e de actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación de conformidade co previsto nesta orde efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décima. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co que establece este convocatoria e as resolucións que se diten para o efecto.

Décimo primeira. Adxudicación

O concurso resolverase atendendo á maior puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo III, sen prexuízo de que resulta preceptivo para resultar adxudicatario/a que o persoal aspirante debe acadar unha puntuación mínima de 5,0000 puntos no correspondente proxecto de traballo (epígrafe 6).

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nas epígrafes 6, 1, 2 e 5 do baremo do anexo III desta convocatoria.

Se persistise o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas subepígrafes que compoñen as anteditas epígrafes, por esta orde. En ambos os dous casos, as puntuacións que se tomen en consideración en cada epígrafe non poderán exceder a puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo nin, no suposto das subepígrafes, o que corresponda como máximo á epígrafe en que se atopen incluídos. Cando ao aplicar estes criterios algunha ou algunhas das subepígrafes alcancen a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertencen, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola cal a persoa resultou seleccionada.

A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no devandito proceso.

Décimo segunda. Relación provisional de persoas admitidas e excluidas, baremo e adxudicación provisional, reclamacións e renuncias

1. Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades as actas da Comisión de Avaliación, coas puntuacións asignadas ao persoal concursante no que atinxe á epígrafe das publicacións a Comisión de Selección ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería, http://www.edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/s causa/s de exclusión, das puntuacións provisionais asignadas a cada unha das persoas concursantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III desta orde, e a adxudicación provisional.

2. As persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións contra a citada resolución provisional que coiden convenientes, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no portal, por medios electrónicos.

Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións ás puntuacións outorgadas, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

Así mesmo, no mesmo prazo de dez (10) días hábiles, poderá presentar renuncia á súa participación no concurso por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá. Esta renuncia afectará todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obteñan destino na resolución provisional, xa que, de non o faceren, poderán obter destino na resolución definitiva, cos efectos previstos na base seguinte.

Décimo terceira. Relación definitiva de persoas admitidas e excluidas, baremo e adxudicación definitiva e recursos

Unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións e analizadas e resoltas as reclamacións e renuncias presentadas, a Comisión ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería, http://www.edu.xunta.gal, a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/s causa/s de exclusión e das puntuacións definitivas asignadas a cada unha das persoas concursantes.

Na dita resolución constará a relación de persoas integrantes para a cobertura provisional de prazas dos equipos de orientación específicos, de conformidade co previsto na base décimo cuarta.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo cuarta. Carácter da adxudicación e efectividade

As prazas adxudicaranse con carácter definitivo, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2023, e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto.

Décimo quinta. Cobertura provisional de prazas

As persoas que obteñan a puntuación mínima no proxecto de traballo e que non resulten seleccionadas serán chamadas, por orde de puntuación, para cubrir provisionalmente prazas que queden definitiva ou temporalmente vacantes nos equipos de orientación específicos. Neste caso, desempeñarán a praza en réxime de comisión de servizos ata a súa provisión definitiva ou ata a reincorporación da persoa titular.

Para estes efectos, as persoas concursantes deberán manifestar expresamente o seu desexo de desempeñar provisionalmente estas prazas no recadro habilitado na solicitude de participación.

De acordo co manifestado polas persoas concursantes na súa solicitude de participación, a Comisión de Selección elaborará e publicará unha listaxe definitiva de persoas aspirantes por especialidade, xunto coa resolución prevista na base décimo terceira.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esa orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo que resulte competente, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Execución

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para aplicar e desenvolver esta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

missing image file
missing image file

ANEXO II

Prazas vacantes nos equipos de orientación específicos

Especialidade

Equipo específico

Núm. de prazas

Altas capacidades intelectuais

A Coruña

Lugo

Pontevedra

1

1

2

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Lugo

Ourense

2

2

Discapacidade motora

A Coruña

Pontevedra

1

1

Discapacidade sensorial

A Coruña

Ourense

Pontevedra

1

1

1

Trastornos de conduta

A Coruña

Pontevedra

1

2

Resultas

Especialidade

Equipo específico

Núm. de prazas

Todas as especialidades

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

Resultas que se produzan

ANEXO III

Baremo

Conceptos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Formación e perfeccionamento

Max. 10,00 puntos

1.1. Actividades de formación superadas

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza a persoa participante, das prazas ou postos a que opte ou relacionados coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo ministerio competente en materia de educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades, e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 6,0000 puntos

Certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase acreditar ademais fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa.

1.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 1.1.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditada. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades, e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 3,0000 puntos

Certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase acreditar ademais fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa.

1.3. Por cada especialidade de que sexa titular correspondente ao corpo polo cal se concursa e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades, previsto nos reais decretos 850/1993, do 4 de xuño; 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro.

(Para os efectos desta subepígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).

1,0000 puntos

Credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.

2. Outros méritos formativos

Actividades de formación do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas ou polas universidades. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Max. 4,00 puntos

2.1. Actividades relacionadas coa orientación educativa ou coa atención á diversidade.

0,2000 por cada 10 horas

Ata 3,0000 puntos

Certificacións acreditativas

2.2. Actividades relacionadas coas estratexias de intervención, organización e dinámica de grupos, coas tecnoloxías da información e da comunicación, ou con aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación.

0,1000 por cada 10 horas

Ata 1,0000 puntos

Certificacións acreditativas

3. Publicacións

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles non serán valoradas, así como aquelas en que o/a autor/a sexa o/a editor/a delas.

Para valorar estas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta epígrafe coas exixencias que así se indican.

Máximo 3,0000 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:

• Portada e contraportada do libro.

• Certificado da editorial onde conste: título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas/privadas) que non se difundiron en librarías

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autoría …………………...…... ata 1,0000 puntos

– Coautoría…… …………...….. ata 0,5000 puntos

– 3 autores/as………..……..….. ata 0,4000 puntos

– 4 autores/as …………….….... ata 0,3000 puntos

– 5 autores/as ……………..…... ata 0,2000 puntos

– Máis de 5 autores/as …...…... ata 0,1000 puntos

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autoría…………………...……..ata 0,2000 puntos

– Coautoría ………………….…. ata 0,1000 puntos

– 3 ou máis autores/as …………ata 0,0500 puntos

comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

Para o caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

• Portada e contraportada da revisa.

• Certificado en que conste: o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas/privadas) que non se difundiron en establecementos comerciais: certificado onde conste o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

– Para o caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, ou título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.

4. Méritos académicos.

Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta os títulos universitarios con validez oficial no Estado español (véxase a disposición complementaria segunda)

Máximo 3,0000 puntos

4.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:

4.1.1. Por posuír o título de doutor

1,0000 punto

Título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do titulo ou certificado supletorio da titulación expedida de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

4.1.2. Polo título universitario oficial de máster, distinto do requirido para o ingreso na función pública docente, para cuxa obtención se exixan, polo menos, 60 créditos:

0,5000 puntos

Mesma documentación que na subepígrafe 4.1.1.

4.1.3. Polo recoñecemento da suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Este mérito só se valorará cando non se alegue a posesión do título de doutor

0,5000 puntos

Certificado-diplomada correspondente.

4.1.4. Por obter o premio extraordinario no doutouramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios superiores de música, pola mención honorífica no grao superior

0,5000 puntos

Documentación xustificativa deste

4.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non sexan as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte:

4.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente

1,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 4.1.1

4.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que sexa necesario superar para obter o primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

0,5000 puntos

Todos os títulos que se posúan ou certificado do pagamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedida de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos ditos títulos ou ciclos.

4.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos desta natureza que sexa necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, de ser o caso, ensinanzas complementarias), para obter o primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que se presente.

As titulacións de só segundo ciclo, así como os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

0,5000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 4.2.2.

5. Experiencia profesional

Max.7,00 puntos

5.1. Por cada ano de servizo efectivo como persoal funcionario

(0,2000 puntos por ano)

Máximo 3,0000 puntos

(Barémase de oficio). Non será necesario acreditalo.

5.2. Por cada ano de servizo efectivo nunha praza directamente relacionada coa orientación.

(0,2000 puntos por ano)

Máximo 1,0000 puntos

(Barémase de oficio). Non será necesario acreditalo.

5.3. Por cada ano de servizo efectivo no EOE

(0,5000 puntos por ano)

Máximo 2,0000 puntos

(Barémase de oficio). Non será necesario acreditalo.

6. Proxecto de traballo en relación coa praza solicitada

10,0000 puntos (puntuación mínima exixida: 5,0000 puntos)

Proxecto segundo as especificacións establecidas nas bases 4.3.1.c e sétima.

Disposición complementaria primeira

Os méritos alegados polas persoas participantes terán que estar cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización do prazo.

Todos os méritos que xa consten no expediente do persoal participante non terán que ser xustificados.

No que atinxe á experiencia profesional, non se computarán as fraccións inferiores a un ano.

Os servizos efectivos a que se alude nas subepígrafes da epígrafe V non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si.

Disposición complementaria segunda. Méritos académicos

1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.

2. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da epígrafe 4.2.3 non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións/especialidades que se asenten nunha mesma titulación.

3. Nas epígrafes do 4.1 soamente se valorará un título por cada unha delas. Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 4.1.2, cando se alegue o título de doutor/a non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutouramento.

4. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación.

5. Non se baremarán polas epígrafes 4.1 e 4.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.

Disposición complementaria terceira

Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables pola epígrafe 1.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Así mesmo, puntuaranse por esta epígrafe 1.1 os cursos de especialización de lingua galega.

Disposición complementaria cuarta

En relación coa puntuación do punto 3, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutouramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola Comisión baremadora do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.

Disposición complementaria quinta

As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013 relacionadas nos artigos 32 ao 40 da Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das Actividades de Formación do Profesorado.

Disposición complementaria sexta

As epígrafes 5.1, 5.2 e 5.3 baremaranse sempre e cando se prestasen servizos efectivos neses postos.

As fraccións de ano computarán a razón de 0,0166 puntos por cada mes completo para as epígrafes 5.1 e 5.2 e a razón de 0,0416 para a epígrafe 5.3.

missing image file
missing image file