Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25508

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

ANUNCIO do 18 de abril de 2023 polo que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo.

A Resolución pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo I, categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022; DOG núm. 248, do 30 de decembro) poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación, 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal).

A resolución pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas fai mención expresa ao cumprimento do requisito do coñecemento da lingua galega.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura, así mesmo, como anexo a este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación definitiva de persoas excluídas

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Blanco Eire, Manuel

***1922**

I.3.2

Vilas Fernández, Ana Belén

***9407**

I.3.2

Código

Causa da exclusión

I.3.2

Solicitude fóra de prazo