Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26116

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúen catro aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

No DOG núm. 39, do 25 de febreiro de 2019, publicouse a Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude da Resolución do 2 de marzo de 2023 (DOG núm. 51, do 14 de marzo), o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), fixo pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo. O acordo primeiro desta resolución establece que, de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

A base I.4.2 da convocatoria dispón que «Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación». E a base IV.4 da convocatoria dispón que «As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial».

Unha vez rematado o prazo para a presentación da documentación prevista na base IV.2, e revisada a documentación que achegan todas as persoas aspirantes, compróbase que a aspirante Lidia Celia Fernández Fernández (con NIF ***2397**), a aspirante Rosa Mª Gómez Madriñán (con NIF ***2007**) e a aspirante Marisé Lista González (con NIF ***6689**) non acreditan a posesión de todos requisitos exixidos pola convocatoria.

Asemade, a aspirante Fátima Mª Cruz Varela (con NIF ***9260**) presentou escrito en que renuncia ao seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no subgrupo e corpo obxecto da convocatoria citada anteriormente.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír as aspirantes Lidia Celia Fernández Fernández (con NIF ***2397**), Rosa Mª Gómez Madriñán (con NIF ***2007**) e Marisé Lista González (con NIF ***6689**) do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, por non acreditaren a posesión de todos os requisitos exixidos na convocatoria, quedando anuladas as súas actuacións.

Segundo. Excluír a aspirante Fátima Mª Cruz Varela (con NIF ***9260**) do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019, por presentar a súa renuncia; quedando anuladas as súas actuacións.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública