Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26130

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código do posto

Cons.

Denominación

Centro de destino

Centro directivo

Subgr.

Nivel

Concello

1

***1192**

Amigo Barcia, María Fernanda

Definitivo

FCA200000115770015

FC

Xefatura de Plans Inspección

Área de Inspección Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

A1/A2

25

Santiago de Compostela

2

***3149**

Delgado Calvo, María Teresa

Definitivo

FCA200000215770012

FC

Xefatura de Equipo

Área de Xestión Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

A1/A2

25

Santiago de Compostela

3

***0041**

Periago Rodríguez, Laura Carmen

Definitivo

FCC030000215770008

FC

Xefatura de Sección

Subd. Xeral de Contabilidade

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

A1/A2

25

Santiago de Compostela

4

***1570**

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

Provisional

FCA200000115770016

FC

Xefatura de Plans Inspección

Área de Inspección Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

A1/A2

25

Santiago de Compostela